Convocatoria
2019 CEF Transporte
Programa
MECANISMO CONECTAR EUROPA
Obxectivo xeral
A convocatoria apoia a finalización dunha serie de proxectos da TEN- T na súa totalidade ou unha parte significativa, xunto coa materialización dun sistema de transporte robusto e eficiente en termos de recursos.
Obxectivo específico da convocatoria
- A mellora da calidade de vida das persoas, a interoperabilidade ferroviaria e a mellora dos tramos transfronteirizos.
- Permitir a descarbonización de todos os modos de transporte mediante a transición a tecnoloxías de transporte innovadoras, baixas en carbono e enerxéticamente eficientes optimizando a seguridade e garantindo uns sistemas de transporte sustentables e eficientes na rexión a longo prazo (co fin de prepararse para os futuros fluxos de transporte previsto).
- Optimizar a integración e interconexión dos medios de transporte e mellorar a interoperabilidade dos servizos de transporte, garantindo ao mesmo tempo a accesibilidade das infraestruturas de transporte.
Eidos de actuación
As propostas deberán estar dirixidas a traballos ou estudos, dependendo das prioridades do Programa de Traballo.
Destinatarios
Dous tipos de solicitantes poden presentar a súa proposta:
- Un ou máis Estados membros.
- Co acordo dos Estados membros implicados, as organizacións internacionais, as organizacións empresas, ou empresas públicas ou privadas ou organismos establecidos nun Estado membro da UE.
Orzamento total da convocatoria
1.400 millóns de euros.
Data de publicación
16/10/2019
Data límite de solicitude
26/02/2020
Documentación
Contacto
Help Desk: INEA-CEF-transport-calls@ec.europa.eu
Comentarios