Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Producción de noticias basadas en datos sobre asuntos de la UE

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Apoiar accións multimedia que busquen implicar aos cidadáns no proceso de formulación de políticas da UE fornecéndolles con información sobre asuntos europeos desde puntos de vista paneuropeos, é dicir, mostrando máis dunha perspectiva nacional. 

Obxectivo específico da convocatoria

Incrementar a cobertura xornalística de asuntos europeos, desde puntos de vista paneuropeos e/ou comparando distintos puntos de vista desde a propia Europa. Para tal fin, estimula a producción de contido innovador a través de investigación baseada en datos e visualizacións e a distribución de tales contidos a tantos cidadáns da UE como sexa posible. 

Eidos de actuación

Os tipos de actividades elixibles de acordo con esta convocatoria son:

  • As actividades de investigación xornalísticas, coma a recoleción de datos.
  • O filtrado e categorización de datos.
  • A organización de espazos de traballo colaborativo dixitais. 
  • Produción de contido (poderá incluír artículos e contido audiovisual).
  • Supervisión editorial.
  • Adaptación de contidos.
  • Construír ou manter unha plataforma web axeitada para a publicación de contido.
  • Seminarios web e reunións virtuais.
  • Intercambio de boas prácticas entre medios de comunicación.
  • A promoción e a diseminación de resultados a medios de comunicación e/ou usuarios finais. 

Destinatarios

Só serán elixibles as solicitudes de personas xurídicas establecidas en Estados Membros da UE. 

Socios

A Comisión Europea espera que os solicitantes reúnan organizacións de medios de comunicación de cando menos catro Estados Membros da UE, así coma un equipo editorial profesional con membros de cando menos catro Estados Membros da UE

Financiamento

A subvención máxima será de EUR 700 000 por proxecto.


A porcentaxe máxima de cofinanciamento é do 80% dos custos elixibles. Os solicitantes poderán propoñer unha porcentaxe de cofinanciamento inferior. 

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria ascende a EUR 1 900 000. A Comisión resérvase o dereito de non distribuír todos os fondos dispoñibles. 

Duración do proxecto

Os proxectos deberían empezar coma moi cedo o 1 de xaneiro de 2019 e non máis tarde do 1 de abril de 2019, cunha duración mínima de 20 meses e unha duración máxima de 26 meses. 

Data de publicación

26/06/2018

Data límite de solicitude

25/09/2018

Contacto

As preguntas e peticións de clarificación deberán ser enviadas ata o 17 de setembro de 2018 a Cnect-multimedia-actions@ec.europa.eu 

Comentarios

Os formularios de solicitude están dispoñibles en: https://ec.europa.eu/digital-singlemarket/en/newsroom/call-proposals/all


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante