Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CEF Telecom - Sanidade electrónica (CEF-TC-2018-4)

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

A Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxías da Comisión Europea publica catro convocatorias de propostas para conceder subvencións a proxectos segundo as prioridades e os obxectivos establecidos no programa de traballo de 2018 no ámbito das redes transeuropeas de telecomunicacións, conforme ao Mecanismo «Conectar Europa», para o período 2014-2020.

Convídase a presentar propostas para as catro convocatorias seguintes:
  • CEF- TC-2018-4: Sanidade electrónica
  • CEF- TC-2018-4: Contratación pública electrónica
  • CEF- TC-2018-4: Portal Europeo de Xustiza
  • CEF- TC-2018-4: Resolución de litixios en liña

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico da Convocatoria de Sanidade electrónica é garantir o uso axeitado e eficiente por parte dos seus membros dos servizos esenciais das Redes Europeas de Referencia (ERN, polas súas siglas en inglés), é dicir, o Sistema de Xestión de Pacientes Clínicos e a Plataforma Colaborativa das ERN.

Eidos de actuación

A convocatoria comprende os seguintes eidos de actuación:

  1. A implementación do e-learning e o e-training no marco das ERN a través de ferramentas proporcionadas ben pola Comisión Europea ou por terceiras partes. Isto pode incluír actividades de coordinación dirixidas á identificación de necesidades de formación e/ou servizos domésticos ou servizos de terceiras partes relacionadas á produción do e-training en termos de contido, formato ou deseño (por exemplo, o uso de formadores profesionais ou profesionais da comunicación). As propostas deberían xustificar de xeito claro a necesidade de e a elección das ferramentas de e-learning e e-training, e indicar con que propósito serán utilizadas, así coma o grupo de usuarios diana. 
  2. A implementación dun ou máis conxuntos de datos para a adaptación específica para enfermidades do Sistema de Xestión de Pacientes Clínicos (CPMS) das ERN e ou a implementación de medidas para mellorar a calidade e a validez dos conxuntos de datos existentes.
  3. A adquisición de hardware, software e/ou as ferramentas de mantemento necesarias para implementar as dúas actividades anteriores. 

Destinatarios

  • Estados Membros da UE.
  • Co consentemento dun ou máis Estados Membros, organizacións internacionais, iniciativas conxuntas, ou empresas públicas ou privadas ou entidades establecidas nos Estados Membros. 

Socios

n/a

Financiamento

A Comisión espera conceder ata EUR 210 000 por cada proposta. 

Orzamento total da convocatoria

O orzamento global da convocatoria ascende a EUR 5 000 000.

Duración do proxecto

n/a

Data de publicación

31/07/2018

Data límite de solicitude

22/11/2018

Contacto

As preguntas relacionadas con esta convocatoria deben estar dirixidas a: INEA-CEF-Telecom-Calls@ec.europa.eu 

Comentarios

Ligazón á información na páxina web da Comisión Europea

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante