Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

2018 CEF Telecom call - Tradución automática

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo específico da convocatoria

Os resultados prioritarios desta convocatoria de propostas son continuar a recompilación de recursos lingüísticos para dominios específicos e estimular a transferencia e integración do servizo eTranslation a sistemas en liña que requiren funcionalidade multilingüe a través de servizos xenéricos.

Eidos de actuación

As propostas deben abordar só un dos dous obxectivos seguintes:

1. Proxectos colaborativos de recursos lingüísticos: proxectos para facilitar a provisión de recursos lingüísticos á tradución automática de CEF. Isto incluirá a identificación, o procesamento (anonimización, agregación, aliñación, conversión, etc.) e a recompilación de recursos lingüísticos nos Estados membros.

Darase prioridade a:
  • recursos de idiomas nos idiomas CEF para os que non hai suficientes datos dispoñibles para ofrecer servizos de tradución automatizados de boa calidade (denominados idiomas ”con recursos insuficientes”).
  • recursos de idiomas nos dominios relevantes para as Infraestruturas de servizos dixitais (DSI) de CEF, tendo en conta a demanda de abordar o idioma específico ou DSI
2. Proxectos de integración: proxectos para facer que os servizos en liña sexan multilingües coa tecnoloxía existente, traballando en sistemas reais (DSI de CEF e/ ou servizos nacionais en liña e portais relacionados con servizos de DSI de CEF). 

Espérase que os proxectos usen o servizo eTranslation (só ou en combinación con outros servizos ou ferramentas comerciais / non-comerciais) e espérase que cheguen a ser completamente funcionais e integrados nos servizos pertinentes durante a duración do proxecto.

Darase prioridade ás propostas que apliquen tecnoloxías de linguaxe maduras de vangarda distintas da tradución automática (por exemplo, para a tradución interactiva, a interoperabilidade semántica).

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos.

Financiamento

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 5 millóns de EUR. 

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 5 millóns de EUR. 

Data de publicación

12/06/2018

Data límite de solicitude

18/09/2018

Contacto

Direción Xeral de Enerxía de Transportes

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante