Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2019/006: Información, consulta e participación dos representantes das empresas

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Financiar operacións que desenvolvan a participación dos empregados nas empresas, ou sexa, calquera mecanismo como información, consulta e participación, a través das cales os representantes dos traballadores poden influír nas decisións da empresa. Tamén apunta a apoiar proxectos que procuren identificar e abordar desafíos na participación dos empregados como resultado dos cambios no mundo do traballo.

Obxectivo específico da convocatoria

• Promover o intercambio de información e boas prácticas e crear condicións favorables para a creación de organismos transnacionais de información, consulta e participación, e os mecanismos derivados da aplicación da lexislación da UE en materia de participación dos empregados.
• Promover accións dirixidas a familiarizar aos interlocutores sociais e actores empresariais coa lexislación europea e permitirlles exercer os seus dereitos e deberes a este respecto.
• Promover a cooperación transnacional coa fin de identificar e abordar desafíos relacionados coa participación dos empregados

Eidos de actuación

• Accións de entrenamento, manuais e calquera outro tipo de actividades de divulgación, intercambio de información e boas prácticas que involucren a representante de traballadores e/ou empresarios.
• Análise de aspectos e resultados cualitativos e cuantitativos en temas relacionados coa representación dos traballadores e empresarios e o diálogo social a nivel de empresa nun contexto de cooperación transnacional e unha maior colaboración e proactividade das partes interesadas na anticipación e/ou resposta ao cambio e ás actividades de reestructuración e aos cambios na organización do traballo, os modelos de negocios/producción e as formas de traballo.
• Páxinas web, publicacións, boletíns informativos e outros medios para a difusión de información que suporten o efecto duradeiro da información. 

Destinatarios

• Entidades legales.
• Representantes de traballadores e empresarios.
  • Comités de empresa.
  • Xestión de empresas, organizacións de representación empresarial.

Financiamento

A UE financiará ata o 90 % dos proxectos.

Orzamento total da convocatoria

7.103.000 €.

Duración do proxecto

Máis de 24 meses.

Data de publicación

22/05/2019

Data límite de solicitude

22/07/2019

Contacto

European Commission
Service central de réception du courrier
Call for proposals VP/2019/007 – DG EMPL.B.2
Avenue du Bourget, 1
B-1140 Evere

Comentarios


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante