Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Innovación social e reformas nacionais – Coidados a longo prazo

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Apoiar aos actores relevantes para abordar os desafíos comúns dos coidados a longo prazo (LTC). As actividades de innovación social que se apoian na convocatoria deben preparar ou implantar reformas de políticas nacionais dirixidas a fortalecer a adecuación, a asequibilidade e a calidade da LTC.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Desenvolver e provocar novos enfoques de prestación de coidados de longa duración para abordar os desafíos relacionados ao acceso, asequibilidade, man de obra, calidade e sustentabilidade de ditos coidados.
  • Desenvolver modelos de colaboración de tódolos axentes interesados coa fin de facilitar a implantación da innovación social nos devanditos coidados.
     
  • Incorporar a innovación social na planificación e supervisión das políticas de coidados de longa duración.

Destinatarios

  • Autoridades públicas ou axencias con responsabilidade na implantación da acción co permiso de autoridades públicas.
  • ONG.
  • Centros de investigación, institutos, centros de educación superior.
  • Organizacións da sociedade civil.
  • Organizacións de interlocutores sociais a nivel europeo, nacional ou rexional.

Financiamento

Financiase ata o 80 % do total dos custos de cada acción.

Orzamento total da convocatoria

10.000.000 €.

Duración do proxecto

Entre 24 e 36 meses.

Data de publicación

04/06/2019

Data límite de solicitude

10/09/2019

Documentación

Contacto

DG Employment, Social Affairs and Inclusion: empl-vp-2019-003@ec-europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante