Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Mellora da experiencia no eido das relacións laborais

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral desta convocatoria é mellorar a experiencia e o coñecemento no eido das relacións industriais a través da análise e a investigación, a nivel da UE así como en termos comparativos (identificando converxencias e diferencias nos sistemas de relacións laborais vixentes nos estados membros da UE e en países candidatos), contribuíndo así a desenvolver e fortalecer a calidade e a efectividade das estruturas e procesos das relacións laborais nos estados membros e en Europa no seu conxunto.

Obxectivo específico da convocatoria

As accións que traten sobre os seguintes temas serán especialmente benvidas:
  • O papel e a contribución das relacións laborais, incluíndo o diálogo social nos diferentes niveis:
    • Respondendo aos principais retos/oportunidades que traen a dixitalización, a globalización, as evolucións demográficas, o cambio climático e a transición tecnolóxica, incluíndo a intelixencia artificial. 
    • Abordando os retos laborais, sociais e económicos identificados polo Pilar Europeo de Dereitos Sociais.
    • No contexto do Semestre Europeo e a Unión Económica e Monetaria.
    • Alcanzando resultados socioeconómicos en termos de: crecemento económico e competitividade; inclusión social e xustiza; creación de postos de traballo e calidade dos postos de traballo.
  • Funcionamento e efectos da coordinación da negociación colectiva en diferentes niveis e territorios. 

Eidos de actuación

A presente convocatoria subvenciona as seguintes categorías de accións:
  • Actividades para profundizar na análise dos temas e conclusións que foron examinados na serie da Comisión Europea sobre Relacións Laborais en Europa e/ou os capítulos sobre diálogo social no Informe sobre Emprego e Desenvolvementos Sociais en Europa (ESDE, polas súas siglas en inglés).
  • Actividades de investigación sobre relacións laborais e diálogo social, tales coma estudios, enquisas e outras formas de recollida de datos, exercicios de seguimento e investigación empírica.
  • Medidas para mellorar a recolleita e uso de información (comparada) sobre os sistemas de relacións industriais nos estados membros da UE e países candidatos e nos desenvolvementos a nivel europeo.
  • Iniciativas para fomentar a percepción da efectividade das prácticas no marco das relacións laborais, tanto a nivel nacional coma a nivel europeo, incluíndo a xuntanza de actores relevantes coma as universidades, os axentes sociais e os actores políticos.
  • Medidas para identificar e intercambiar información no eido das relacións laborais, incluíndo a través das actividades de redes entre axentes das relacións laborais e/ou expertos.Accións para diseminar tales conclusións en publicacións, mesas redondas, seminarios, conferencias, actividades de formación e ferramentas de formación. 

Destinatarios

Os solicitantes, líderes e co solicitantes deben estar incluídos nunha das seguintes categorías: organizacións sen ánimo de lucro tales coma as universidades e institutos de investigación, axentes sociais, administracións públicas, organizacións internacionais. Deben estar establecidas e rexistradas nun estado membro da Unión Europea. As persoas xurídicas establecidas e rexistradas en Albania, a Antiga República Iugoslava de Macedonia (FYROM), Montenegro, Serbia e Turquía poderán concorrer á convocatoria coma co solicitantes. 

Socios

Non se precisan socios transnacionais, pero a dimensión transnacional do proxecto é un dos principais criterios de avaliación. 

Financiamento

Segundo a convocatoria, a subvención por parte da UE non poderá exceder o 90% do total dos custos elixibles do proxecto. 

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total reservado pola UE para co financiar proxectos baixo esta convocatoria estímase en 4.292.250 EUR. 
A subvención da UE solicitada debería estar de xeito indicativo entre os 150.000 e os 500.000 EUR.
A Comisión resérvase o dereito a non distribuír todos os fondos dispoñibles. 

Duración do proxecto

A duración indicativa do proxecto debería ser de 24 meses. 

Data de publicación

30/04/2018

Data límite de solicitude

15/06/2018

Documentación

Contacto

Todas as dúbidas deben dirixirse só por email a:



En relación cos problemas técnicos, por favor contacten con: empl-swim-support@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante