Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Actividades no Eido do Traballo Non declarado

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Loitar contra o traballo non declarado.

Obxectivo específico da convocatoria

Complementar e engadir valor ás actividades indicadas no programa de traballo da Plataforma Europea de Loita contra o traballo non declarado. Outros obxectivos son desenvolver e financiar actividades innovadoras que contribuirán a mellorar a implementación, aplicación, coñecemento e mellor cumprimento do Dereito nacional e da UE no eido do traballo non declarado, contribuíndo así á redución do traballo non declarado e ao afloramento dos postos de traballo formais. O coñecemento froito destes proxectos deberá servir tamén para acumular coñecemento baseado na evidencia para un mellor deseño das políticas públicas. 

Eidos de actuación

Os tipos de actividades que poden financiarse nesta convocatoria de propostas deben abordar polo menos una das áreas de acción identificadas a continuación:

a) Cursos de formación comúns para o persoal encargado do cumprimento normativo: desenvolvendo novos programas de formación ou mellorando os xa existentes entre funcionarios de autoridades públicas e / ou entre os interlocutores sociais pertinentes e as partes interesadas no contexto de contribuír a mellorar a implementación, coñecemento e unha mellor aplicación da lexislación nacional e da UE no ámbito do traballo non declarado. As actividades poden incluír formación enfocada cara a temas e desafíos comúns (por exemplo como abordar o problema dos falsos autónomos) e como son abordados por diferentes autoridades nacionais, traballo de campo (por exemplo, os sectores da agricultura e a construción) ou formacións centradas en fomentar a cooperación / mellorar as relacións de traballo entre os diferentes organismos nacionais e outros de aplicación da UE / EEE. As actividades apoiadas deben producir un resultado; un produto potencial deste tipo de actividades podería ser un manual das boas prácticas de aplicación que o meu estado membro utilizou para loitar contra o traballo non declarado.

b) Inspeccións conxuntas e intercambio de persoal das autoridades encargadas do cumprimento normativo: desenvolvemento de novos intercambios e programas de aprendizaxe entre iguais ou mellora dos xa existentes co fin de mellorar a cooperación
transfronteiriza e desenvolver ferramentas que faciliten o traballo e apoien o
desenvolvemento de capacidades. As actividades poden incluír: visitas de estudo
ás autoridades dos Estados membros, incluída unha presentación do seu traballo
de coordinación entre axencias para abordar o traballo non declarado a nivel
nacional, intercambios de campo - intercambio de persoal por un período
limitado de tempo, permitir o intercambio de información / boas prácticas, etc.

c) Prestar asistencia técnica a outros órganos de aplicación da UE / EEE para
que contribúan á creación de capacidades, implementación de boas prácticas,
etc.

d) Sistemas de intercambio de información: desenvolvemento de sistemas de intercambio de información transfronteirizos co obxectivo de facilitar a
cooperación administrativa entre corpos. Os sistemas transfronteirizos de
intercambio de información financiados por esta convocatoria deben engadir
valor a prácticas xa existentes tales como EESSI, módulo IMI de traballadores
desprazados, etc.

e) Traballo colaborativo en forma de intercambio de información e aprendizaxe mutua entre autoridades de aplicación: desenvolvemento ou actualización de plataformas en liña para a recompilación e difusión de
información de calidade, fácil de usar e específica dirixidas a abordar o traballo non declarado e facilitar a transición do traballo non declarado cara ao traballo formal.

f) Campañas conxuntas de sensibilización / campañas sectoriais específicas /
campañas rexionais transfronteirizas: deben ter como obxectivo cambiar as
normas, valores e crenzas con respecto á aceptabilidade de participar en
traballos non declarados, de modo que estean en conformidade coas leis e
regulamentos; informar sobre os riscos e os custos do traballo non declarado;
promover beneficios de formalizar o traballo; fomentar unha cultura de
compromiso coa declaración; informar sobre os servizos de prevención
dispoñibles para empleadores / traballadores, etc. As mensaxes poden transmitirse
a través de diferentes canles, como medios de comunicación (televisión, radio),
redes sociais (usando novos medios), canles para difundir mensaxes, por ex.
redes sociais, vídeos, blogues, twitter, vlogs, etc.), relacións públicas,
eventos, charlas, demostracións, visitas, carteis e folletos.

Destinatarios

Autoridades públicas de cumprimento normativo tales coma as inspeccións de traballo, as inspeccións da seguridade social, as autoridades tributarias, as autoridades de aduanas, as axencias de inmigración, os ministerios encargados de loitar contra o traballo non declarado, a policía e o Ministerio Fiscal. Tamén organizacións non gobernamentais (ONGs), entidades afiliadas e  organizacións de interlocución social a nivel europeo, rexional ou local.

Socios

Non se precisan socios transnacionais

Financiamento

A financiación poderá alcanzar ata o 80% do custo total do proxecto. De xeito ilustrativo, a Comisión espera conceder 5 ou 6 subvencións.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total reservado para a co financiación de proxectos neste convocatoria estímase en 2.447.622 EUR. A Comisión resérvase o dereito de non distribuír todos os fondos dispoñibles.

Duración do proxecto

A duración indicativa dos proxectos debería estar entre os doce (12) e os dezaoito (18) meses.

Data de publicación

01/03/2018

Data límite de solicitude

13/06/2018

Documentación

Contacto

empl-vp-2018-012@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante