Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Información e Medidas de Formación para Organizacións de Traballadores. 

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Axudar ás organizacións de traballadores a contribuír a abordar os retos da política social e de emprego da Unión Europea.

Obxectivo específico da convocatoria

justify;line-height:normal”>Financiar medidas e iniciativas para fortalecer a capacidade das organizacións de traballadores para abordar, a nivel da UE e nivel internacional, cambios no emprego e no traballo e retos relacionados co diálogo social, tales como: a modernización do mercado de traballo, a creación de emprego e a busca de traballo, a calidade do traballo; a anticipación, preparación e xestión de cambios e reestruturacións, a dixitalización da economía e da sociedade, a economía verde, a flexiseguridade, habilidades, mobilidade do traballo dentro da UE, os fluxos migratorios, o emprego xuvenil, seguridade e hixiene no traballo, a modernización dos sistemas de protección social, a conciliación do traballo e a vida familiar, a igualdade de xénero, a acción no eido da anti discriminación, o envellecemento activo, as vidas laborais máis longas e sas, a inclusión activa e o traballo decente.

Eidos de actuación

justify;line-height:normal”>As actividades poderán incluír: conferencias, seminarios, mesas redondas, estudos, enquisas, publicacións, cursos de formación, desenvolvemento de ferramentas de formación, o establecemento de redes e o desenvolvemento e intercambio de boas prácticas.

justify;line-height:normal”>

justify;line-height:normal”> 

Destinatarios

justify;line-height:normal”>Organizacións e interlocutores sociais representando aos traballadores establecidos e rexistrados nos estados membros. Tamén se admiten entidades afiliadas.

Socios

justify;line-height:normal”>Non se precisan socios transnacionais, pero a dimensión transnacional é un dos criterios de valoración.

Financiamento

justify;line-height:normal”>A convocatoria poderá cubrir ata o 90% dos custos do proxecto. De xeito indicativo, a solicitude de financiación deberá estar entre os 150 000 EUR e os 500 000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

justify;line-height:normal”>O orzamento total reservado pola UE para co financiar estes proxectos estímase en 4.841.600 EUR. A Comisión resérvase o dereito de non distribuír todos os fondos dispoñibles.

Duración do proxecto

justify;line-height:normal”>A duración indicativa dos proxectos é de 24 meses.

Data de publicación

06/03/2018

Data límite de solicitude

18/05/2018

Documentación

Contacto

justify;line-height:normal”>European Commission. Call for proposals VP/2018/002 DG EMPL/CAD, J-27 – 00/120 B-1049 Bruxelas, Bélxica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante