Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Información, Consultas e Representación dos Traballadores nas Empresas

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Esta convocatoria publícase no contexto do Pilar Europeo de Dereitos
Sociais, proclamado polo Consello, o Parlamento e a Comisión en Novembro de
2017, e publicado na páxina web da Dirección Xeral de Emprego, e en particular
o seu Principio 8(b): “Os traballadores ou os seus representantes teñen dereito
a ser informados e consultados oportunamente sobre asuntos de interese para eles,
en particular sobre a transferencia, reestruturación e fusión de empresas e
sobre despidos colectivos.”



 

Obxectivo específico da convocatoria

O principal obxectivo desta convocatoria é financiar operacións dirixidas a
desenvolver a participación dos traballadores das empresas – a través de
calquera mecanismo, incluíndo información, consultas e participación, polas que
os representantes dos traballadores poidan exercer unha influencia en decisións
que se tomen na empresa – particularmente sensibilizando y contribuíndo á
aplicación do Dereito da UE e das políticas nesta área. As iniciativas
transnacionais con representantes de varios estados membros serán fomentadas, e
en particular representantes dos novos estados membros así como de estados
candidatos na área de participación no emprego.

Eidos de actuación

As actividades que poderán recibir financiación desta convocatoria inclúen
pero non están limitadas a:

- Conferencias, seminarios,
iniciativas de formación breves, manuais e intercambio de información e de boas
prácticas acerca de traballadores e/ou representantes dos traballadores.

- Informes de análise sobre os
aspectos cuantitativos e cualitativos e resultados en materias relacionadas cos
traballadores e representantes dos traballadores e o diálogo social a nivel da
empresa en un contexto de cooperación transnacional e colaboración aumentada e pro
actividade dos actores na anticipación do cambio e actividades de reestruturación;

- Páxinas web, publicacións,
newsletters e outros medios para a diseminación da información.

Destinatarios

Para ser elixible, o solicitante principal e o(s) co solicitante(s) deberán
ser:

- Persoas xurídicas. As
organizacións de interlocutores sociais sen personalidade xurídico de acordo
coa lei nacional tamén son elixibles sempre que cumpran as condicións do
Regulamento Financeiro.

- Representantes dos traballadores
e dos empresarios tales como:

Para os traballadores: os
solicitantes poderán ser comités de empresas ou órganos similares garantindo a
representación dos traballadores; rexional, nacional, Europeo, sindicatos
sectoriais ou multi sectoriais.

Para os empresarios: os
solicitantes poderán pertencer á dirección de empresas, organizacións
representando a empresarios a nivel rexional, nacional, Europeo, sectorial ou
multi sectorial. No caso de empresas comerciais, o obxectivo do proxecto non
poderá ser de natureza comercial.

- Coma excepción, os solicitantes
principais e os co solicitantes poderán tamén ser órganos técnicos coma organizacións
sen ánimo de lucro dedicadas á formación ou investigación e empresas comerciais
unicamente se o obxectivo do proxecto é non comercial.

- Os órganos técnicos e as empresas
comerciais mencionados arriba só serán considerados elixibles coma solicitantes
principais cando conten co mandato expreso dunha ou máis organizacións
representando a traballadores ou empresarios e cando unha carta obrigatoria de
apoio estea incluída.

Socios

A dimensión transnacional non é un requisito, pero si un criterio de
concesión da subvención.

Financiamento

Coma pauta indicativa, a subvención solicitada á UE deberá ter un importe
mínimo de 108.000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total presupostado pola UE para co financiar proxectos baixo
esta convocatoria estímase nos 7.106.000 EUR. A Comisión resérvase o dereito de
non distribuír todos os fondos dispoñibles.

Duración do proxecto

A duración indicativa do proxecto non debe superar os 24 meses.

Data de publicación

21/03/2018

Data límite de solicitude

01/06/2018

Documentación

Contacto

empl-vp-2018-006@ec.europa.eu>empl-vp-2018-006@ec.europa.eu>empl-vp-2018-006@ec.europa.eu>empl-vp-2018-006@ec.europa.eu



European Commission

(NOT TO BE OPENED BY CENTRAL MAIL SERVICES)

Call for proposals VP/2018/006

J-27 – 00/120

B-1049 Bruxelas - BÉLGICA

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante