Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Support for European Cooperation Projects 2018 (EACEA 35/2017 and EACEA 32/2017)

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

Reforzar a capacidade dos sectores culturais e creativos europeos para desenvolver a súa actividade a escala internacional.
Contribuír ao desenvolvemento da audiencia mediante a  interactuación con esta a través de vías novas e innovadoras, mellorando o seu acceso ás obras culturais e creativas da Unión.
Contribuír á innovación e á creatividade no ámbito da cultura.

Obxectivo específico da convocatoria

Promover a mobilidade  transnacional de artistas e profesionais.
Reforzar o desenvolvemento da audiencia e ampliar o acceso ás obras culturais aos grupos  subrrepresentados.
Promover a adopción de enfoques innovadores respecto da obtención de ingresos, xestión e comercialización para os sectores culturais, particularmente no que incumbe á transición á contorna dixital, desenvolvendo novas competencias para os profesionais da cultura.
Potenciar o diálogo intercultural, promover os valores compartidos da UE, o entendemento mutuo e o respecto por outras culturas.

Eidos de actuación

As actividades subvencionables deben ser proxectos de cooperación  transnacional en ámbitos creativos e/ou culturais. Dentro deste marco diferéncianse dúas categorías:
Categoría 1: Cooperación a pequena escala.
Categoría 2: Cooperación a gran escala.
As actividades dedicadas exclusivamente aos sectores audiovisuais non son subvencionables no  Subprograma de Cultura. Con todo, as actividades audiovisuais poden ser  elixibles a condición de que sexan accesorias a actividades dedicadas aos sectores culturais e creativos non audiovisuais.
O  Subprograma de Cultura apoiará, en particular, os proxectos sen ánimo de lucro.

Destinatarios

Os solicitantes  elixibles deberán ser operadores culturais europeos activos nos sectores culturais e creativos. As persoas físicas non poden solicitar unha subvención, o responsable do proxecto debe ter personalidade xurídica durante polo menos dous anos. 
Os solicitantes deben pertencer a algún destes países:
- Os 28 Estados membros da UE e os países e territorios de ultramar.
- Os países en vías de adhesión, os países candidatos e os candidatos potenciais que se beneficien dunha estratexia de  preadhesión.
- Países da  AELC que sexan partes no Acordo sobre o  EEA.
- Países cubertos pola Política Europea de Veciñanza.

Socios

Os  proxectos pertencentes á categoría 1 estarán formados por un xefe de proxecto e polo menos outros dous socios que teñan a súa sede legal en polo menos tres países diferentes que participen no  Subprograma Europa Creativa. O líder do proxecto ou un dos socios debe ter a súa sede legal nun dos países  eixibles mencionados no presente documento.

Os  proxectos pertencentes á categoría 2 incluirán un responsable de proxecto e polo menos outros cinco socios que teñan a súa sede legal en polo menos seis países diferentes que participen no  Subprograma Europa Creativa. O líder do proxecto ou un dos socios debe ter a súa sede legal nun dos países  elixibles mencionados.

Financiamento

- Para os proxectos de cooperación a pequena escala (categoría 1), a subvención comunitaria solicitada non supera os 200 000  EUR.

- Para os proxectos de cooperación a gran escala (categoría 2), a subvención da UE solicitada non supera os 2.000.000 de euros.

Orzamento total da convocatoria

40 millóns de euros

Duración do proxecto

Os proxectos  elixibles deben ter unha duración máxima de 48 meses. As actividades deben comezar:
Para a categoría 1 - proxectos de cooperación a menor escala: entre maio e decembro do ano 2018.
Para a categoría 2 - proxectos de cooperación a maior escala: entre xuño e decembro do ano 2018.

Data de publicación

13/12/2017

Data límite de solicitude

18/01/2018

Documentación

Contacto

EACEA-CREATIVE-EUROPE-COOPERATIONPROJECTS@ec.europa.eu.

Procuras de Socios

Architecture Region Europe

O Bureau  ALsace  Europe busca socios para emprender unha iniciativa  baseada na cooperación entre distintos actores do ámbito da arquitectura ao longo de Europa. A idea é compartir os seus mellores prácticas, crear unha plataforma de innovación e fomentar unha nova cultura arquitectónica que sitúe á arquitectura no centro das solucións aos problemas sociais e beneficie aos cidadáns.

PATRIMONIO CULTURAL MÁIS ACCESIBLE

 Funka busca localidades coas que asociarse para desenvolver unha estratexia de  co-creación entre as institucións e os cidadáns co obxectivo de facer o patrimonio cultural máis accesible para as persoas con discapacidade.

Comentarios

As solicitudes enviaranse a enviaranse á  EACEA usando o formulario  online e serán valoradas sobre unha puntuación máxima de 100 atendendo a 4 criterios: pertinencia (30), calidade do contido e das actividades (30), comunicación e difusión (20), calidade da colaboración (20).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante