Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria EUROPA CREATIVA -  Apoio á distribución de películas non nacionais

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

Promover á circulación e o visionado de películas europeas non nacionais

Obxectivo específico da convocatoria

O subprograma MEDIA subvencionará a distribución de películas europeas non nacionais en salas e demais plataformas, e a comercialización internacional de obras audiovisuais, concretamente mediante a súa subtitulación, dobraxe e audiodescripción. 

Eidos de actuación


As actividades que se financiarán serán campañas de distribución de películas europeas non nacionais admisibles, presentadas nunha agrupación admisible de polo menos 7 distribuidores elexibles, coordinados polo axente de vendas da película

Destinatarios


Requisitos para os suxeitos:
Distribuidores cinematográficos europeos cuxa actividade comercial consista en facer chegar películas a un público amplo con fins de explotación comercial en sala, e que contribúan ao devandito obxectivo. 
Deben presentarse nun grupo de polo menos 7 distribuidores coordinados opr o axente de vendas da película.
Os solicitantes teñen que estar establecidos nun dos países que participan no subprograma MEDIA, e a entidade ha de ser propiedade, directamente ou por participación maioritaria, de cidadáns deses países. 

Requisitos para as películas: 
A película sería producida maioritariamente por produtores establecidos nos países que participan no subprograma MEDIA e contará cunha participación significativa de profesionais dos devanditos países. 
Tratarase dunha película recente de ficción, animación ou documental, de máis de 60 minutos de duración e dun país diferente do de distribución. Non consistirá en contido alternativo (óperas, concertos, actuacións, etc.) nin será publicitario. 
As películas de Alemaña, España, Francia, Italia e o Reino Unido terán un orzamento máximo de produción de 10 millóns EUR. 
Para que a película sexa subvencionable, os seus primeiros dereitos de autor non se estableceron antes de 2015.
A súa estrea nas salas de proxección (excluídas as presentacións preliminares ou proxeccións especiais) producirase, como máis temperán, o mesmo día de presentación da solicitude e como moi tarde dezaoito meses despois da data límite de tal presentación. 

Socios

Os solicitantes deben presentarse nunha agrupación de polo menos 7 distribuidores admisibles, coordinados polo axente de vendas da película. 

Financiamento

A contribución financeira efectuarase en forma dunha suma a tanto alzado , de acordo co número de pantallas alcanzado na primeira semana de proxección, de entre 2 200 e 150 000 EUR. 

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible é de 9 750 000 EUR.

Duración do proxecto

Os prazos de presentación de propostas son o 5/12/2017 e o 14/06/2018. As propostas han de presentarse antes das 12.00 do mediodía (hora de Bruxelas).

Data de publicación

21/11/2017

Data límite de solicitude

14/06/2018

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
 Creative Europe Programme (2014–2020) 
MEDIA Sub-programme – ´´´SELECT´´´IVE SCHEME 
Avenue du Bourget 1 J-59 03/052 BE – 1049 
Brussels Belgium 

Comentarios

A solicitude farase mediante presentación de formulario en línea (e Form) e o envío dunha copia física vía correo postal.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante