Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas do subprograma Media 2017 – Subvencións á programación televisual de obras audiovisuais europeas

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

O subprograma subvencionará tamén: 

  1. Incrementar a capacidade dos operadores audiovisuais e facilitar coproducións europeas e internacionais, tamén en televisión. 
  2. A realización de obras audiovisuais europeas,en particular de televisión e de cinema, así como obras interactivas como videoxogos e multimedia con mais posibilidades de atravesar as fronteiras. 
  3. Actividades en favor de empresas europeas de produción audiovisual, en particular as independentes, co fin de facilitar as coproducións europeas e internacionais, tamén de televisión.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico é reforzar a capacidade do sector audiovisual europeo a escala transnacional e internacional .
Unha das prioridades do subprograma é promover a circulación transnacional. Ademais do apoio ao desenvolvemento de audiencia como medio para estimular o interese polas obras audiovisuais europeas e a mellora do acceso ás mesmas, en particular, a través da promoción, os eventos, a alfabetización cinematográfica e os festivais.

Eidos de actuación

  • Ficción (películas ou series) cunha duración total de 90 minutos como mínimo destinada principalmente á explotación televisiva. Admitiranse as continuacións ou segundas e terceiras tempadas dunha serie dramática existente. 
  • Animación (películas ou series) cunha duración total de 24 minutos como mínimo destinada principalmente á explotación televisiva. Non se admitirán as continuacións ou segundas, terceiras ou máis tempadas dunha serie de animación existente. 
  • Os documentais creativos (películas ou series) cunha duración total mínima de 50 minutos como mínimo destinados principalmente á explotación televisiva. Non se admitirán continuacións ou segundas, terceiras ou máis tempadas dunha serie documental existente.

Destinatarios

Os solicitantes serán empresas europeas de produción audiovisual independente, produtoras maioritarias da obra.

Financiamento

A contribución financeira concedida non excederá do 70% do importe da subvención.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo é de 12 5000 000 EUR.

Duración do proxecto

A duración do proxecto debe ser entre 30 e 42 meses.

Data de publicación

14/11/2017

Data límite de solicitude

16/11/2017

Documentación

Contacto

Para información adicional sobre a convocatoria ou preguntas específicas información, pode enviar un correo electrónico á seguinte dirección:
EACEA-MEDIA-TV@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante