Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA 36/2018: Programa Erasmus+ Acción chave 3- Soporte á reforma de políticas: Proxectos europeos de cooperación prospectiva nos ámbitos da educación e a formación

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

Os obxectivos xerais desta convocatoria son:
-Promover a innovación nos ámbitos de educación e a formación mediante a cooperación europea tanto a escala política como práctica
-Capacitar ás partes interesadas crave para o desenvolvemento e a integración da innovación política.

Obxectivo específico da convocatoria

-Pór en marcha cambios a longo prazo e solución innovadoras en condicións reais que podan integrarse, para que os desafíos nos ámbitos da educación e a formación e conseguir un impacto sostible e sistémico de educación e formación
-Fomentar a cooperación transnacional e a aprendizaxe mutua en relación con cuestión prospectivas entre os actores crave
-Facilitar a recompilación e a análise de probas para fundamentar políticas e prácticas innovadoras.

Eidos de actuación

Se contemplan seis prioridades ás que se han de adscribir necesariamente as propostas presentadas:
P1. Adquisición de competencias básicas por parte de adultos pouco cualificados
P2. Deseño e avaliación da eficacia da formación continua á hora de satisfacer as necesidades actuais e futuras en materia de competencias 
P3. Fomento da tecnoloxía innovadora no ámbito da orientación profesional 
P4. Fomento dos enfoques innovadores e transversais na ensinanza de STE(A)M na educación 
P5. Fomento do uso  de ferramentas de autorreflexión para respaldar a innovación e un cambio sistémico nos centros de educación e formación
P6. Na educación superior, consecución dos obxectivos do Plan de Acción de Educación Dixital (incluída a Ciencia Aberta) e avaliación dos obxectivos da aprendizaxe co propósito de comparar resultados entre centros de educación superior

Destinatarios

As solicitudes de subvención poderán ser presentadas por organizacións públicas e privadas que actúen nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude ou outros sectores socioeconómicos u organizacións que leven a cabo actividades transversais, como centros de recoñecemento, cámaras de comercio, organizacións mercantís, a sociedade civil e as organizacións culturais, redes de partes interesadas, ONG, ministerios de educación provedores de formación etc.

Só poderán presentarse propostas de entidades xurídicas establecidas en calquera dos seguintes países do programa:
-Os 28 Estados membros da Unión Europea.
-Os países de la AELC e do EEE: Islandia, Liechtenstein, Noruega
-Os países candidatos á UE: a Antiga República Yugoslava de Macedonia, Turquía e Serbia

Socios

O requisito mínimo para a formación dunha asociación para a presente convocatoria e a presencia de tres organizacións que representen a tres países do programa.

Financiamento

A axuda financeira non poderá ser superior ao 75% do total dos custos subvencionables.
A subvención máxima por proxecto será de 500.000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

O presuposto total dispoñible para  a cofinanciación de proxectos no marco da presente convocatoria ascende a 12 M EUR.

Duración do proxecto

A duración do proxecto deberá estar comprendida entre 24 e 36 meses.
As actividades deberán comezar o 1 de novembro de 2019, o 1 de decembro de 2019 ou 1 de xaneiro de 2020.

Data de publicación

25/01/2019

Data límite de solicitude

19/03/2019

Documentación

Comentarios

O prazo para  a presentación de solicitudes finaliza en dita data ás 12:00 (do mediodía), hora de Bruselas.
As propostas deben presentarse en liña utilizando o formulario electrónico correspondente na seguinte ligazón:
https://eacea.ec.europa.eu/PPMT/

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante