Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/37/2018: Erasmus+ Acción crave 3- Soporte á reforma das políticas. Redes e asociacións de proveedores de educación e formación profesionais (FP)

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

O obxectivo da presente convocatoria é dar soporte a proxectos para a creación de redes e asociacións transnacinais e nacionais de proveedores de FP inicial e continua co fin de apoiar a reflexión política a escala europa, así como promover a sensibilización e a aplicación das políticas europeas en materia de FP a escala nacional e rexional.
O obxectivo xeral é invitar á presentación de propostas de asociacións ascendentes que fomenten a creación de redes e asociacións transnacionais e nacionais de proveedores de FP a escala nacional e europea.

Obxectivo específico da convocatoria

O principal obxectivo das actividades é dar soporte ó establecemento ou reforzo das redes e asociacións de proveedores de FP, co fin de desenvolver a capacidade no nivel de base para a plicación efectiva dos programas, as inciativas e as prioridades europeas no ámbito da FP, incluídos os acordados no contexto do proceso de Copenhague.

Eidos de actuación

As propostas deben presentarse con arreglo a un dos seguintes lotes:
-Lote 1: Organizacións nacionais, rexionais ou sectoriais de proveedores de FP. Establecemento uo reforzo de redes e asociacións entre proveedores nacionais, rexionais ou sectoriais de FP, a través de proxectos transnacionais dirixidos ó desenvolvemento de capacidades e á posta en común das mellores experiencias entre estas organizacións de FP.
-Lote 2: Organizacións centrais europeas de proveedores de FP. Fomento da cooperación entre as organizacións centrais europeas de proveedores de FP, dando soporte ó mesmo tempo á reflexión política a escala europea e a capacidade de achegamento ós seus membros ou afiliados nacionais. As organizacións centrais europeas tamén desempeñarán un papel crave na concienciación e o soporte á aplicación das políticas europeas de FP a través das organizacións nacionais, rexionais e sectoriais de FP.

Accións subvencionables:
Para ambos lotes, os beneficiarios deberán:
-reforzar a cooperación entre os proveedores de FP mediante a aprendizaxe mutua, o asesoramento entre homólogos e o desenvolvemento de capacidades, co fin de aumentar a calidade e o atractivo da oferta de FP;
-promover e fomentar o uso efectivo dos instrumentos de financiación da UE;
-apoiar a posta en práctica e a difusión das ferramentas e iniciativas pertinentes da UE no ámbito da FP;
-implicar ós proveedores de FP e chegar ós que non contribúan nin se beneficien da cooperación europea.

Ademáis, os beneficiarios deberán realizar polo menos tres das actividades seguintes:
1. contribuir á Semana Europea da Capacitación Profesional;
2. apoiar o desenvolvemento dunha estratexia de internacionalización a nivel dos proveedores;
3. aumentar a calidade da FP a través dos bucles de retroalimentación para adaptar a oferta de FP;
4. apoiar ás microempresas e ás pymes no desenvolvemento do capital humano;
5. fomentar a aprendizaxe innovadora das competencias crave na FP;
6. promover ferramentas e oportunidades para o desenvolvemento profesional de profesores, formadores, mentores ou líderes de FP.

Destinatarios

As solicitudes de subvención poderán ser presentadas por unha rede ou asociación nacional, rexional ou sectorial de provedores de FP (Lote1) ou por unha organización central europea de provedores de FP (Lote 2), que actuará como organización coordinadora da asociación. 
No caso dunha rede ou asociación aínda non establecida legalmente, a solicitude pode ser presentada por un proveedor de FP que a represente.

Os países do programa Erasmus+ son os 28 Estados membros da Unión Europea, xunto con países non pertencentes á UE: Antiga República Yugoslava de Macedonia, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Serbia, e Turquía.

Socios

-No que respecta ó Lote 1, a asociación incluirá polo menos dúas redes ou asociacións nacionais, rexionais ou sectoriais de provedores de FP, de polo menos dous países distintos do programa Erasmus+ (dos cales polo menos uno deberá ser un Estado miembro de la Unión Europea). 
-No que respecta ó Lote 2, a asociación incluirá polo menos dúas organizacións centrais europeas de provedores de FP, cada unha con membros ou afiliados en polo menos cinco países do programa Erasmus+ (dos cales polo menos un debe ser un Estado membro da Unión Europea). 

Financiamento

A porcentaxe máxima de cofinanciación da UE será do 80%. Cada subvención será entre 300 000 e 500 000 EUR para o lote 1, e de entre 600 000 e 800 000 EUR para o lote 2.
A Axencia resérvase o dereito de non asignar todos os fondos dispoñibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible para a cofinanciación de proxectos no marco da presente convocatoria estímase nun máximo de 6 millones EUR cunha distribución estimada de 4 millóns EUR para o lote 1 e 2 millóns EUR para o lote 2. 

Duración do proxecto

As actividades deberán comenzar entre o 1 de setembro de 2019 e o 1 de novembro de 2019. 
A duración dos proxectos será de 24 meses. 

Data de publicación

18/12/2018

Data límite de solicitude

31/01/2019

Contacto

El texto completo de la convocatoria y el formulario electrónico de solicitud están disponibles en la siguiente dirección web: 

Comentarios

A data límite para a presentación de candidaturas é o 31 de xaneiro de 2019 ás 12:00 do mediodía (hora de Bruselas). As candidaturas deberán presentarse electrónicamente empregando o formulario de solicitude oficial (eForm).
Deberán presentarse nunha das linguas oficiais da UE, adxubtando ás candidaturas unha descrición detallada do proxecto, unha declaración xurada e un orzamento estimativo equilibrado, empregando as fórmulas oficiais.
O incumprimento de ditos requisitos implicará a non aceptación da candidatura.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante