Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Inclusión social e valores comúns: a contribución no ámbito da educación, a formación e a mocidade

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

-Difundir ou mellorar boas prácticas en materia de educación incluyente ou entornos xuvenís ou de fomento de valores comúns, iniciados, en particular, a escala local.

ou

-Desenvolver e aplicar prácticas e métodos innovadores para promover a educación
incluyente ou entornos xuvenís e fomentar valores comúns en contextos específicos.

Obxectivo específico da convocatoria

LOTE 1 - EDUCACIÓN E FORMACIÓN

-Mellorar a adquisición de competencias sociais e cívicas, potenciando o coñecemento, a comprensión e a adquisición de valores comúns e dereitos fundamentais.

-Promover a educación e formación
incluyente e fomentar a educación dos alumnos desfavorecidos, prestando apoios a profesores, educadores, responsables de institucións educativas, para abordar a diversidade e reforzando a diversidade socioeconómica na contorna de aprendizaxe.

-Potenciar o pensamento crítico e a alfabetización mediática entre os alumnos, os pais e o persoal docente.

-Apoiar a inclusión dos
migrantes recentemente chegados nunha educación de boa calidade, entre outros, mediante a avaliación dos coñecementos e a validación da aprendizaxe anterior.

-Fomentar as habilidades e as competencias dixitais de grupos dixitalmente en exclusión (incluídas as persoas maiores,
migrantes e mozas de contornas desfavorecidas) a través de asociacións entre centros educativos, empresas e o sector da educación non formal, incluídas as bibliotecas públicas.

-Fomentar valores europeos, competencias
relacionadas co patrimonio e o patrimonio cultural, a historia común, o diálogo intercultural e a inclusión social a través da educación, a aprendizaxe non formal e permanente, de conformidade cos obxectivos do Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018.

LOTE 2 - MOCIDADE

-Promover a participación cívica dos mozos mediante o desenvolvemento do papel do voluntariado para a inclusión social.

-Previr a
marginalización e a radicalización que conducen ao extremismo violento dos mozos.

Destinatarios


Organizacións públicas e privadas que actúen nos ámbitos da educación, a formación e a mocidade ou outros sectores socioeconómicos ou organizacións que leven a cabo actividades trasnversais, por exemplo, organizacións culturais, a sociedade civil, organizacións deportivas, os centros de recoñecemento, as cámaras de comercio, organizacións comerciais, etc.

Financiamento

A axuda financeira da UE non poderá ser superior ao 80% do total dos custos subvencionables do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

14.000.000 EUR

LOTE 1 - Educación e formación 12.000.000
LOTE 2 - Mocidade 2.000.000

Data de publicación

21/03/2018

Data límite de solicitude

22/05/2018

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante