Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

LC-SFS-19-2018-2019: Climate-smart and resilient farming

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral


A evidencia sobre o cambio climático é sólida e revela que afectará á UE coa agricultura europea en primeiro lugar a través de cambios nos réximes de choiva, aumento das temperaturas, a variabilidade e estacionalidade do clima e a ocorrencia de eventos extremos máis frecuentes (ondas de calor, secas, tormentas e inundacións). Ademais de atopar solucións efectivas para a mitigación de gases de efecto invernadoiro ( GEI) tales como a redución de emisións de  GEI e o secuestro de carbono por baixo e por encima do chan, os agricultores deberán adaptarse ao cambio climático e desenvolver sistemas agrícolas resistentes a condicións ambientais e socioeconómicas  fluctuantes. 
O desenvolvemento destas estratexias de  resiliencia ao cambio climático é o obxectivo desta convocatoria.

Obxectivo específico da convocatoria


  • Ofrecer solucións efectivas para garantir o máis alto nivel de implementación na escala de granxa e paisaxe dos sistemas  climáticamente intelixentes e  resilientes 
  • Desbloquear e mellorar a viabilidade de sistemas agrícolas eficientes e  resilientes e propoñer diferentes escenarios de transición que conduzan ao desenvolvemento de sistemas modernos de uso da terra, cadeas de valor e infraestruturas
  • Reducir o impacto ambiental da agricultura e contribuír á mitigación e adaptación ao cambio climático
  • Proporcionar servizos  ecosistémicos a través da xestión integrada e en pequena escala da terra.

Eidos de actuación

As propostas deben abordar só un dos seguintes  subtemas:
  1. Xestión do  microclima: do campo ao paisaxe
  2. Eficiencia e  resiliencia dos sistemas agrícolas mixtos e agroforestais

Destinatarios

Entidades legais establecidas nos países recolleitos no Anexo A 

Socios

Polo menos tres entidades legais. Cada un dos tres debe establecerse nun
Estado membro da UE diferente ou un país asociado a Horizonte 2020.
As tres entidades legais deben ser independentes entre si.

Financiamento

adaptarase ás esixencias do proxecto

Orzamento total da convocatoria

7 millóns

Duración do proxecto

sen especificar

Data de publicación

09/02/2018

Data límite de solicitude

11/09/2018

Documentación

Contacto

.

Comentarios

.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante