Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Noite europea dos investigadores 

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Trátase dun acontecemento público europeo dedicado á divulgación científica e aos aspectos lúdicos da aprendizaxe. Celébrase todos os anos o último venres de setembro e conta coa participación de máis de 30 países e máis de 300 cidades.
Os eventos que se organizan mostran, de forma entretida e interactiva, o que os investigadores fan realmente pola sociedade e promoven as carreiras de investigación entre os mozos e os seus pais.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Maior conciencia entre o público en xeral sobre a importancia da investigación e a innovación e unha actitude xeral máis favorable cara ao seu financiamento público
  • Mellor comprensión dos beneficios crave que a investigación achega á sociedade
  • Redución dos estereotipos sobre os investigadores e a súa profesión
  • Aumentar, a longo prazo, as persoas que emprenden carreiras de investigación
  • Mellor comprensión da Unión Europea entre o público en xeral

Eidos de actuación

O financiamento cobre calquera gasto de organización dun acto de proxección exterior sobre a investigación. Pode investirse nos preparativos e a publicidade, o propio evento ou a avaliación do seu impacto.

O financiamento pode destinarse a actividades como as seguintes:

  • experimentos prácticos realizados por investigadores
  • presentacións científicas con participación do público
  • debates
  • encontros con investigadores (para coñecer a un investigador e facerlle preguntas)
  • concursos (de preguntas científicas, xogos, crebacabezas, de fotografía, artísticos, etc.)
  • talleres para nenos
  • visitas guiadas a laboratorios, institutos de investigación e outros lugares de interese que adoitan están pechados ao público.
Esta lista non é en absoluto exhaustiva... Sexa creativo!

Destinatarios

Esta acción destínase a calquera entidade xurídica que sexa capaz de organizar un evento das características esixidas. En moitos casos é necesaria a coordinación de colaboradores rexionais, nacionais ou internacionais.

Por exemplo:poden presentar a súa candidatura organizacións de investigación públicas e privadas, empresas, administracións públicas, centros de ensino, museos científicos, organizacións de pais e profesores, entes de mobilidade da UE para os investigadores, fundacións ou medios de comunicación.

Financiamento

O seu importe variará en función da envergadura dos eventos propostos.

Orzamento total da convocatoria

12M€

Duración do proxecto

máximo 2 anos

Data de publicación

28/12/2017

Data límite de solicitude

14/02/2018

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante