Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Solucións TIC innovadoras para futuras operacións loxísticas - MG-5-2-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo específico da convocatoria

  1. Acadar unha mellor e máis flexible integración de solucións TIC e procesos operativos, unindo os fluxos dixitais e físicos.

  2. Implementar formas de transporte continuo e sen interrupcións entre Estados Membros.

  3. Aumentar a fiabilidade e reducir os tempos de tránsito.

  4. Reducir un 10% os factores de carga e reducir nun 10% a extensión das rutas, coa conseguinte redución no consumo de combustible e menores emisións.

  5. Presentar modelos de negocio viables para servizos de transporte dinámicos e colaborativos.

  6. Eidos de actuación

    As propostas deberán cubrir polo menos dúas das seguintes áreas:

    • Planning e datos.
      1. Desenvolvemento de sistemas electrónicos de reserva e planificación para os portes coa finalidade de atopar a mellor combinación de métodos e a ruta óptima, coa finalidade de progresar cara un ambiente sen papeis e que permita un seguimento dos portes, creando unha rede de explotación mellor e máis eficiente para as operacións loxísticas.

      2. Identificar oportunidades para un aumento da dispoñibilidade de datos de portes (envíos, volumes, estados, destinos...) tendo sempre en conta a seguridade, privacidade, propiedade dos datos e políticas de intercambio de datos.

      3. Desenvolver algoritmos para aumentar os factores de carga e optimizar a ruta planeada de entrega, baseados nas especificacións das Unidades de Carga Modular (Modular Load Units), o vehículo ou contenedor e tódolos destinos requiridos.


    • Rutas dinámicas e modelos de negocio
      1. Desenvolvemento de sistemas de xestión de eventos que poidan crear visibilidade e transparencia e permitan xestión de excepcións a tempo real para reconfigurar máis rápido o tráfico e aumentar a resiliencia.

      2. Desenvolvemento de modelos de negocio para servizos de transporte dinámicos (por exemplo, un cargamento que é automaticamente cambiado do cargueiro ao tren porque o camión que o transportaba chegou tarde ao porto como consecuencia dun atasco).


    • Interoperabilidade e conectividade
      1. Desenvolvemento de ferramentas de conexión simples que permitan unha integración de baixo custo para as PEMES na cadea de subministración, ofrecendo comunicación nos dous sentidos e permitindo tanto unha eficiente planificación do seu rol na cadea como a posibilidade de ofrecer feedback aos demais actores.

      2. Integración de sensores simples ou dispositivos intelixentes nas ferramentas de xestión de datos da cadea de subministración.

      3. Interoperabilidade harmónica entre os socios da cadea de subministración, permitindo o intercambio de información de xeito fácil e creando confianza no eido do transporte multimodal.

    Destinatarios

    • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

    • Organizacións internacionais de interese europeo.

    • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

    Socios

    Polo menos tres entidades legais, independentes unhas doutras, de tres Estados diferentes.

    Financiamento

    Ata o 100% dos custos elixibles.

    Orzamento total da convocatoria

    12 millóns de euros.

    Data de publicación

    20/09/2016

    Data límite de solicitude

    19/10/2017

    Documentación

    Procuras de Socios

    H2020 – “Socio de colaboración para aumentar a capacidade de investigación en intelixencia empresarial”/ Skopje (Macedonia)

    A Facultade de Ciencias e Tecnoloxías Contemporáneas xunto coa de Economía e Negocios da Universidade Sur de Europa do Leste (SEEU), pretenden converterse na próxima década nun dos departamentos máis prestixiosos e innovadores, para o cal, entre outras cousas, promoven a execución de programas en colaboración con prestixiosas universidades americanas e europeas. Buscan crear un grupo de investigación competitivo centrado basicamente no campo da intelixencia empresarial.

    Comentarios

    A primeira fase do procedemento cerrará o 26 de xaneiro de 2017 ás 17:00h, segundo o horario de Bruxelas. A segunda fase rematará o 19 de outubro de 2017 á mesma hora.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante