Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Protección para tódolos usuarios das estradas no caso de accidentes - MG-3.2-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Desenvolver sistemas de seguridade completamente integrados e implementalos para que ofrezan maior protección para tódolos usuarios das estradas.

Obxectivo específico da convocatoria

Contribuír directamente á redución dos accidentes e á gravidade das lesións sufridas, así como tamén a reducir o número de feridos. Ofreceranse medidas que farán que o “triángulo” de usuarios de estradas, vehículos e infraestruturas sexa máis seguro. Neste sentido, espérase que as accións contribúan a importantes aforros nos sistemas de saúde vinculados con accidentes e lesións.
Espérase que os solicitantes demostren cómo o seu proxecto terá un impacto significativo no número de lesións e mortes relacionadas coa seguridade vial e como realizarán unha contribución efectiva á estandarización de produtos e técnicas de mostra.
As prioridades transversais serán a cooperación internacional, as ciencias socioeconómicas e humanidades e o xénero.

Eidos de actuación

As propostas deberán centrarse nun ou varios dos seguintes aspectos:

  • Os sistemas de vehículos: por exemplo solucións que reduzan o impacto do choque, optimicen o sistema de control incluíndo información previa ao accidente, ou métodos e requerimentos para mellorar a seguridade no tráfico de vehículos lixeiros.

  • Protección de datos persoais: por exemplo o desenvolvemento e proba de equipos de seguridade persoal para as diversas categorías de usuarios, que os advirtan adecuadamente e/ou os protexan en situacións críticas.

  • Simulacros de accidentes: ferramentas de simulación eficientes e robustas, implementación de probas virtuais...


As accións propostas deberán centrarse en sistemas de seguridade completamente integrados. Consideraranse especialmente os aspectos de xénero como a estrutura corporal e a estatura, así como outros factores demográficos como as persoas con discapacidades ou mobilidade reducida, envellecemento, obesidade...
Anímase ás PEMEs con con experiencia demostrable nestes sectores a participar.
En liña coa estratexia da UE para a cooperación internacional en investigación e innovación, anímase á cooperación internacional especialmente con países industrializados (USA, Xapón, Canadá, Australia...) e economías emerxentes (China, India, Brasil...)

Destinatarios

  • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

  • Organizacións internacionais de interese europeo.

  • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

Socios

Polo menos tres entidades legais, independentes unhas doutras, de tres Estados diferentes.

Financiamento

Ata o 100% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

14 millóns de euros.

Data de publicación

20/09/2016

Data límite de solicitude

19/10/2017

Documentación

Comentarios

A primeira fase pechará o 26 de xaneiro de 2017 e a segunda o 19 de outubro.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante