Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Premio Horizonte pola reutilización do CO2 - LCE-Prize-CO2Reuse-01-2016

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Previr o perigoso cambio climático é unha prioridade chave para a Unión Europea. Europa está traballando para recortar considerablemente as súas emisións de efecto invernadoiro ao tempo que insta a outras nacións e rexións a facer o mesmo. Un modo de axudar a estes esforzos é facer uso do CO2 integrándoo en produtos de consumo. A reutilización do CO2, porén, aínda ten que facer fronte a importantes obstáculos técnicos, comerciais e/ou financeiros.
Este premio quere recompensar produtos innovadores que reutilicen o CO2 e que poidan reducir significativamente as emisións atmosféricas do mesmo cando sexan distribuídos a escala comercial.
O premio inducirá aos actores no eido da reutilización do CO2 a facer máis esforzos en mellorar os seus procesos e produtos para reducir as emisións. Busca mobilizar e incentivar o investimento privado en i+D, atraer a actores non tradicionais, crear novos partenariados e incentivar aos investigadores e innovadores a mellorar os seus esforzos para reducir as emisións antropoxénicas de CO2 á atmosfera.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo do premio é incentivar a redución das emisións de CO2 a través de produtos que reutilicen o CO2, facendo unha contribución real aos obxectivos de redución de emisións da Unión Europea.

Eidos de actuación

O gañador do premio será o participante que teña desenvolvido un produto que demostre, durante toda a duración do procedemento, as melloras máis significativas e medibles na masa de CO2 empregado para a súa elaboración así como a superación dos obstáculos técnicos, comerciais e/ou financeiros. Os esforzos deberán ser replicables e escalables para poder ser repetidos no futuro.

Destinatarios

O concurso está aberto a todas as entidades legais (persoas naturais ou legais, incluíndo organizacións internacionais) ou grupos de entidades legais independentemente do lugar no que estean establecidas. Agora ben, só as tecnoloxías que empreguen CO2 na manufactura ou fabricación de produtos industriais ou de consumo poderán participar.

Orzamento total da convocatoria

O premio é de 1.5 millóns de euros.

Data de publicación

05/07/2016

Data límite de solicitude

03/04/2019

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante