Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Premio Horizonte: Sistemas Fotovoltaicos Integrados en Distritos Urbanos Históricos Protexidos - LCE-Prize-PhotovoltaicsHistory-01-2016

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Premiarase a un distrito urbano histórico protexido e europeo que teña integrado perfectamente nos seus edificios un sistema fotovoltaico para xerar e suministrar electricidade para o seu propio consumo. Neste contexto, o sistema fotovoltaico inclúe todos os compoñentes necesarios para prover enerxía dentro dun distrito.
O premio fomentará a integración dos sistemas fotovoltaicos nos distritos urbanos históricos protexidos. Tamén promoverá o desenvolvemento do deseño que sexa máis axeitado arquitectónica e esteticamente, en combinación con solucións técnicas óptimas que impliquen o menor impacto visual posible e a mínima intrusión posible na estrutura dos edificios.
Tamén buscará mobilizar e promover o investimento privado e público para a réplica de solucións similares en Europa.

Eidos de actuación

O gañador do premio será o participante (comunidade) que teña instalado e operativo nun distrito urbano histórico protexido de Europa un sistema fotovoltaico integrado novo para os edificios - building integrated photovoltaic system (BIPV)- para prover electricidade correspondente a, polo menos, o 50% do consumo eléctrico do distrito. A solución enerxética suxerida deberá ser adaptable a outros distritos. A seguridade de enerxía limpa e os beneficios económicos deberán probarse para garantir esa posibilidade de réplica.
Espérase que o premio acelere a innovación en tecnoloxías fotovoltaicas e en ampliacións arquitectónicas necesarias para o uso sustentable dos distritos urbanos históricos protexidos. Integrar elementos fotovoltaicos neste tipo de distritos creará novo coñecemento industrial. Tamén suporá unha boa oportunidade para as pequenas e medianas empresas locais para desenvolvan novas ideas e demostren o seu know how.

Destinatarios

O concurso está aberto a todas as entidades legais (persoas naturais ou legais, incluíndo organizacións internacionais) ou grupos de entidades legais independentemente do lugar no que estean establecidas. Agora ben, os solicitantes deben ser unha comunidade: o propietario ou o beneficiario do edificio ou grupo de edificios dentro dun distrito urbano histórico protexido en Europa.

Orzamento total da convocatoria

O premio é de 750.000 euros.

Data de publicación

05/07/2016

Data límite de solicitude

26/09/2018

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante