Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Premio Horizonte: Instalación de Enerxía e Calor Combinados (Combined Heat and Power (CHP) Installation) nun hospital usando 100% fontes de enerxía renovables - LCE-Prize-RenewableHospital-01-2016

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Premiarase ao hospital que teña unha instalación de enerxía e calor combinados innovadora e perfectamente integrada. Esta instalación deberá usar polo menos tres tecnoloxías europeas de enerxía renovable diferentes, incluíndo compoñentes de almacenamento de enerxía que sexan capaces de proporcionar o 100% das necesidades enerxéticas anuais do hospital. Neste contexto será admisible calquera tipo de fonte de enerxía renovable.
O premio provocará que varias solucións enerxéticas renovables e innovadoras que integran tecnoloxías diferentes se integren nun único sistema de enerxía. Instalar este tipo de equipamento no ecosistema dun hospital non só garantirá a seguridade do suministro de enerxía, senón que tamén contribuirá a aumentar a concienciación pública respecto das enerxías renovables. Ademais, o premio ten por obxecto tamén mobilizar e motivar a inversión pública e privada para replicar solucións similares en Europa e no resto do mundo.

Eidos de actuación

O gañador do premio será o candidato (un hospital) que teña instalado e operativo un sistema integrado de calor e enerxía con, polo menos, tres tecnoloxías de enerxía renovable diferentes e cun compoñente de almacenamento de enerxía innovador. Esta solución deberá ser adaptable a outros lugares. A seguridade de enerxía limpa e os beneficios económicos deberán probarse para garantir esa posibilidade de réplica.
O premio debería acelerar a introdución de fontes de enerxía renovable a gran escala. Tamén deberá animar a outras instalacións hospitalarias a instalar unidades CHP flexibles e solventes que integren distintas fontes de enerxía renovable cunha pegada ecolóxica nula. Este concurso tamén supón unha boa oportunidade para que as pequenas e medianas empresas podan demostrar o seu coñecemento e know how.

Destinatarios

O concurso está aberto a todas as entidades legais (persoas naturais ou legais, incluíndo organizacións internacionais) ou grupos de entidades legais independentemente do lugar no que estean establecidas e que posúan ou xestionen un hospital.

Orzamento total da convocatoria

O premio é de 1 millón de euros.

Data de publicación

05/07/2016

Data límite de solicitude

03/04/2019

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante