Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Prediagnóstico de propiedade intelectual (IP) e mellora do acceso á protección mediante patente para pemes innovadoras da UE

Programa

COSME

Obxectivo xeral

Facilitar e promover o uso da propiedade intelectual por parte de pemes europeas innovadoras, permitindo que un número selecto de pemes europeas innovadoras se beneficien dunha ou máis accións de apoio. 

Obxectivo específico da convocatoria

Garantir o subministro de servicios administrativos e de reembolso que son necesarios en relación coa implementación das accións de apoio ofertadas ás empresas. 

Eidos de actuación

En particular, estas accións de apoio:

  • Fornecerán ”prediagnóstico de propiedade intelectual (IP)” a pemes innovadoras, coma aquelas que conten co Selo de Excelencia (en países onde non haxa suficientes poseedores do SoE, outros métodos de selección, identificados a nivel nacional, poderán ser utilizados).
  • Axudarán a estas pemes innovadoras a solicitar patentes europeas e acceder a servizos xurídicos de propiedade intelectual e industrial en relación con estas solicitudes.

Destinatarios

Pemes europeas innovadoras. 

Socios

n/a

Financiamento

A Comisión espera financiar unha proposta con EUR 4 300 000. O financiamento está limitado a unha porcentaxe de reembolso do 95% dos custos elixibles. 

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria ascende a EUR 4 300 000.

Duración do proxecto

n/a

Data de publicación

25/07/2018

Data límite de solicitude

04/09/2018

Comentarios

Ligazón ao texto da convocatoria 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante