Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

LIFE 2019. Proxectos Integrados no marco dos subprogramas LIFE para o medio ambiente e a acción polo clima

Programa

LIFE (2014-2020)

Obxectivo xeral

Os proxectos integrados son aqueles que se implementan nunha escala territorial ampla: rexional, multirexional, nacional ou transnacional. Plans de medio ambiente ou clima, ou estratexias necesarias en lexislacións da Unión nestas materias. Teñen como tema áreas específicas: natureza, auga, aire, residuos, mitigación do cambio climático e adaptación ao cambio climático.

Eidos de actuación

Os Proxectos Integrados (PIs) deben asegurar a replicabilidade ou transferencia das acción dos proxectos tradicionais. De forma habitual os PIs, debido a súa natureza complexa, tratan sobre unha combinación dos elementos dos que tratan os tradicionais.
  • Mellores prácticas: aplican técnicas, métodos ou puntos de vista apropiados, eficientes e en sintonía coas técnicas coñecidas a un contexto específico. 
  • Elementos de demostración: poñer en práctica, testar, avaliar e difundir técnicas, metodoloxías ou enfoques que son novas ou descoñecidas no contexto (xeográfico, ecolóxico, socio-económico...) específico do proxecto  e que poden ser de aplicación en circunstancias similares.
  • Elementos piloto: aplicación de técnicas ou métodos que non foran aplicadas ou testadas antes, ou noutros contextos, e que potencialmente ofrezan vantaxes medioambientales ou climáticas comparadas coas mellores prácticas actuais.

Destinatarios

  • Corpos públicos operando baixo a autoridade del goberno estatal.
  • Organizacións privadas con fines comerciais.
  • Organizacións privadas con fines non comerciais.

Financiamento

Ata un 60% do total do gasto imputable ao proxecto. 

Orzamento total da convocatoria

Subprograma de medio ambiente: 97 millóns €.
Subprograma  de acción polo clima: 26 millóns €.

Duración do proxecto

Espérase que os proxectos se prolonguen durante 6 a 10 anos.

Data de publicación

04/04/2019

Data límite de solicitude

05/09/2019

Contacto

Contacto
Santiago Santillán Fraile
Ministerio para a Transición Ecolóxica
Subdirector Xeal da Oficina Orzamentaria
Plaza de San Juan de la Cruz s/n
28071 Madrid
Tel +34 91 597 60 76


Enderezo postal:
LIFE 2019 - Proxectos Integrados
Comisión Europea
EASME Unit B3
B-1049 Bruxelas
Bélxica

Entrega en man:
LIFE 2019 - Proxectos Integrados
Comisión Europea
EASME Unit B3
Avenue du Bourget 1
B-1140 Bruxelas (Evere)
Bélxica

Comentarios

  • O 5 de setembro de 2019 é a data límite para presentar as propostas conceptuais á Autoridade Adxudicadora.
  • En novembro de 2019 informarase aos interesados sobre a avaliación e invitarase a presentar a proposta completa.
  • Entre novembro de 2019 e xaneiro de 2020 abrirase un período de preguntas e respostas.
  • O 14 de marzo de 2020 é a data provisional para a presentación dos proxectos completos.
  • Marzo-maio 2020: Avaliación das propostas.
  • Xuño-xullo 2020: Revisión das propostas.
  • Outubro 2020: Firma das subvencións individuais.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante