Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

LIFE 2019. Subprograma de medio ambiente: Proxectos tradicionais de medio ambiente e eficiencia de recursos

Programa

LIFE (2014-2020)

Obxectivo xeral

Contribuir ao desenvolvemento sostible coa implementación e actualización das políticas e lexislación medioambientales da Unión. Incluíndo a integración do medio ambiente en outros campos lexislativos.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Desenvolver, testar e demostrar estratexias de xestión e regulación, mellores prácticas e solucións para os retos medioambientais. Apoiando as políticas e a lexislación relacionada coa eficiencia de recursos, incluíndo o “Roadmap to a Resource Efficient Europe”.
  • Mellorar a base de coñecementos sobre o desevolvemento, implementación, monitoreo e avaliación das políticas e lexislación da UE. Monitoreo e avaliación dos factores, presións e respostas que impactan o medio dentro e fora da Unión.

Eidos de actuación

  • Auga, incluíndo o medio marino.
  • Residuos
  • Eficiencia de recursos, incluíndo solos e bosques, economía circular e verde
  • Medio ambiente e saúde, incluíndo produtos químicos e ruídos.
  • Calidade do aire e emisións, incluíndo medios urbanos

Destinatarios

  • Corpos públicos operando baixo a autoridade do goberno estatal
  • Organizacións privadas con fins comerciais
  • Organizacións privadas con fins non comerciais

Socios

O programa LIFE é moi flexible neste aspecto. Pode desenvolverse o proxecto de forma individual ou como parte dun equipo nacional ou internacional de socios. Nesta ligazón pode consultar as condicións específicas.

Financiamento

  • 55% do total do gasto imputable ao proxecto. 
  • Non existe un presuposto mínimo nin máximo para os proxectos, aínda que se financiaron varios de +5 millones de €, a media establécese en 500.000 € aproximadamente. 

Orzamento total da convocatoria

O subprograma de medio ambiente está dotado de 2.592 millóns de €.

Duración do proxecto

A media dos proyectos é de 3-5 anos

Data de publicación

04/04/2019

Data límite de solicitude

17/06/2019

Contacto

D. Luis Ángel Díez Orejas
Subdirector Xeral da Oficina Presupuestaria
Plaza de San Juan de la Cruz s/n
E - 28071 Madrid
Tel +34 91 347 52 31; +34 91 347 52 22

Comentarios

Os solicitantes deben presentar antes do 17 de xuño de 2019 ás 16:00 h unha proposta conceptual de aproximadamente 10 páxinas, que pode ser modificada sen límites ata o final do prazo. En octubre de 2019 contactarase cos participantes coas propostas mellor calificadas e se solicitará o desenvolvemento do proxectocompleto, que se presentará a través do portal eProposal.

Os proxectos tradicionais son:
  • Proxectos piloto
  • Proxectos de demostración
  • Proxectos de melloras prácticas
  • Proxectos de información sensibilización e difusión


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante