Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

LIFE 2020

Programa

LIFE (2014-2020)

Obxectivo xeral

LIFE é o instrumento financeiro da UE que apoia proxectos ambientais, de conservación da natureza e de acción climática en toda a UE.

Eidos de actuación

No subprograma Medio Ambiente é posible presentar propostas para proxectos ”tradicionais”, proxectos preparatorios, proxectos integrados e proxectos de asistencia técnica. No caso do subprograma Acción polo Clima, a presente convocatoria cubrirá subvencións para proxectos ”tradicionais”, proxectos integrados e proxectos de asistencia técnica.

Proxectos ”Tradicionais” 

Os proxectos “Tradicionais” poden ser boas prácticas, demostracións, proxectos pilotos, proxectos de sensibilización e información, dependendo da área prioritaria. Os proxectos de boas prácticas aplican técnicas, métodos e enfoques apropiados, rendibles e avanzados tendo en conta o contexto específico do proxecto; os proxectos de demostración poñen en práctica, proban, avalían e diseminan accións, metodoloxías ou enfoques que son novas ou descoñecidas no contexto específico do proxecto, tales como o contexto xeográfico, ecolóxico e socio-económico e que poderían ser aplicados noutro lugar en circunstancias similares; os proxectos pilotos aplican técnicas ou métodos que non fosen aplicadas ou probadas antes, ou noutro lugar, que ofrezan potenciais vantaxes ambientais ou climáticas comparadas coas actuais boas prácticas e que poidan ser aplicadas posteriormente a unha escala maior en similares condicións; proxectos de información, sensibilización e diseminación buscan apoiar a comunicación, diseminación da información e concienciación nos campos dos subprogramas de Medio Ambiente e Acción polo Clima.

Recoméndase consultar periodicamente a web da Comisión para dispoñer sempre da última versión dos documentos da convocatoria.
  • Natureza e Biodiversidade
  • Medio ambiente e Eficiencia no Uso dos Recursos
  • Gobernanza e Información Ambientais
  • Mitigación do Cambio Climático
  • Adaptación ao Cambio Climático
  • Gobernanza e Información Climática
Proxectos Integrados

Os proxectos integrados no  subprograma de medio ambiente son proxectos que executan a gran escala territorial (a escala rexional, multirrexional, nacional ou  transnacional) plans ou estratexias ambientais esixidos pola lexislación específica da Unión en materia de medio ambiente, elaborados en virtude doutros actos da Unión ou polas autoridades dos Estados membros, principalmente nos ámbitos da natureza (incluída a xestión da rede Natura 2000), a auga, os residuos e o aire, á vez que se garante a participación das partes interesadas e promóvese a coordinación e mobilización, de polo menos, outra fonte de financiamento europeo ou nacional, pública ou privada.

Os proxectos integrados no marco do  subprograma de acción sobre o clima son proxectos que aplican a gran escala territorial (a escala rexional, multirrexional, nacional ou  transnacional) plans de acción, estratexias ou follas de ruta sobre o clima esixidos pola lexislación específica da Unión Europea en materia de clima, desenvolvidos en virtude doutros actos da Unión ou desenvolvidos polas autoridades dos Estados membros, principalmente nos ámbitos da mitigación e a adaptación ao cambio climático, á vez que se garante a participación das partes interesadas e promóvese a coordinación e mobilización, de polo menos, outra fonte de financiamento europeo ou nacional, pública ou privada.

Para a elaboración dos proxectos integrados é posible solicitar un proxecto de Asistencia Técnica.

Recoméndase consultar de forma periódica a páxina web da Comisión Europea co fin de coñecer todas as novidades que se publiquen sobre os proxectos integrados ou de asistencia técnica.
  • Proxectos Integrados Medio Ambiente e Acción polo Clima
  • Proxectos de Asistencia Técnica

Destinatarios

As propostas poderán ser presentadas por entidade rexistradas na UE e poderán pertencer a tres tipos de beneficiarios: 1) organismos públicos, 2) organizacións comerciais privadas e 3) organizacións privadas sen ánimo de lucro (incluídas as ONG).

Socios

A existencia de socios transnacionales non é imprescindible, pero a Comisión Europea indica que todo beneficiario potencial do proxecto  LIFE pode beneficiarse da cooperación con socios fóra do seu país. O carácter transnacional dun proxecto é unha característica positiva que mellorará o valor engadido da UE da proposta.

Financiamento

Segundo o recolleito no Articulo 20 do Regulamento LIFE 2014-2020, para o segundo programa de traballo plurianual  LIFE 2018-2020 as porcentaxes de  cofinanciación para os proxectos ”tradicionais”  LIFE redúcense ao 55%, excepto para os proxectos de Natureza e Biodiversidade que se manteñen ao 60%, podendo chegar ao 75% no caso de proxectos que afecten a hábitats ou especies prioritarias das Directiva Aves e Hábitats.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo total para os proxectos de acción nesta convocatoria é de 397.000.000  EUR. Prevense 317 millóns de euros para o subprograma de medio ambiente e 80 millóns de euros para o subprograma de acción climática. Polo menos o 60,5% dos recursos orzamentarios asignados a proxectos financiados no marco do  subprograma de Medio Ambiente dedicarase a proxectos de apoio á conservación da natureza e a biodiversidade.

Duración do proxecto

Máximo 24 meses.

Data de publicación

18/04/2018

Data límite de solicitude

14/03/2019

Contacto


Comentarios

Datas límite de solicitude e prazos:

1) Subprograma MEDIO AMBIENTE:
  • 12 de xuño de 2018: presentación da nota de síntese dos proxectos de Medio Ambiente e Eficiencia de Recursos.
  • 14 de xuño de 2018: presentación da nota de síntese dos proxectos de Natureza e Biodiversidade e Gobernanza e Información Medioambientais.
  • Outubro de 2018: presentación da proposta completa dos proxectos preseleccionados do subprograma Medio Ambiente.
  • Finais de xaneiro de 2019: prazo para presentar a proposta completa dos proxectos. 
  • De xaneiro a xuño de 2019: avaliación e revisión das propostas.
  • 1 de xullo de 2019: comezo do prazo de execución dos proxectos. 
2) Subprograma ACCIÓN POLO CLIMA:
  • 12 de setembro de 2018: presentación da proposta completa dos proxectos de Acción polo Clima.
  • De setembro a decembro de 2018: avaliación das propostas.
  • Febreiro de 2019: notificación aos solicitantes dos resultados de avaliación.
  • De febreiro a abril de 2018: revisión das propostas recomendadas para ser financiadas. 
  • 15 de xuño de 2019: comezo do prazo de execución dos proxectos.
3) PROXECTOS INTEGRADOS:
  • 14 de marzo de 2019: presentación da proposta completa dos proxectos integrados.
  • 5 de setembro de 2018: presentación da nota de síntese dos proxectos integrados.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante