Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

A contratación pública de bens, obras e servizos representa o 16% do Produto Interior Bruto da Unión Europea. A apertura dos contratos públicos a escala europea permitiu aumentar a presenza de empresas de Estados membros distintos á administración pública que convoca a licitación. Este aumento da competencia supón, por tanto, un importante aforro  para os compradores do sector público.

 

A lexislación comunitaria nesta materia regula os contratos públicos cuxa contía sobrepasa un límite  establecido pola Comunidade, mentres que os de importe inferior quedan suxeitos ao Dereito nacional. Esta lexislación actualizouse coa aprobación de dúas directivas en 2004, que simplifican e modernizan os procedementos de contratación pública.

 

Unha das principais melloras deste paquete lexislativo é a facilitación do emprego das tecnoloxías da información e a comunicación na adxudicación de contratos. Con este obxectivo, a Unión Europea pon ao servizo dos profesionais da contratación pública dous portais en Internet que ofrecen información sobre as posibles licitacións a nivel europeo:  

  • SIMAP, portal da contratación pública europea, que proporciona información de base, enlaces e ferramentas de intercambio automático entre compradores públicos e empresas interesadas en aproveitar as oportunidades de contratación pública en Europa.  
  • TED (Tenders Electronic Daily), base de datos que constitúe o suplemento S do Diario Oficial da Unión Europea, onde as administracións públicas teñen a obriga  de publicar os anuncios correspondentes aos contratos cuxo valor sexa superior a determinados importes que varían en función da natureza do contrato. Os compradores poden realizar estes anuncios de forma gratuíta en liña nunha das 23 linguas oficiais da UE.

Máis información sobre a actuación comunitaria en materia de contratación pública, na síntese de lexislación comunitaria

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante