Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin


COMISIÓN EUROPEA

PARLAMENTO EUROPEO

CONSELLO DA UNIÓN EUROPEA

TRIBUNAL DE XUSTICIA DA UNIÓN EUROPEA

TRIBUNAL DE CONTAS EUROPEO

VALEDOR DO POBO EUROPEO

BANCO CENTRAL EUROPEO

COMITÉ ECONÓMICO E SOCIAL

COMITÉ DAS REXIÓNS

CONSELLO DE EUROPA

PRÁCTICAS NAS AXENCIAS DA UNIÓN EUROPEA

PROGRAMA DE MOZOS EXPERTOS DA UNIÓN EUROPEA EN COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO



COMISIÓN EUROPEA

A Comisión Europea concede cada ano, en dous periodos de cinco meses cada un, máis de 600 bolsas de prácticas. Os traballos das prácticas fanse en eidos tan variados como : Economía, Xornalismo, Tradución, Dereito, etc. e os bolseiros farán tarefas moi similares ás realizadas polos funcionarios das institucións comunitarias.

A maioría dos solicitantes das prácticas proveñen das licenciaturas en Dereito, Economía, Ciencias Políticas, Relacións Internacionais e Xornalismo, sen que isto constitúa unha exclusión dos outros perfís académicos.

Cómpre estar moi atento ás datas de recepción da documentación para os periodos de marzo e outubro e á publicación do Blue Book, a lista virtual onde se recollen tódolos candidatos preseleccionados.

Máis infomación Portal da Comisión Europea adicado as prácticas.




PARLAMENTO EUROPEO

O Parlamento europeo tamén ofrece varias modalidades de bolsas de prácticas e visitas de estudos no seo da súa Secretaría Xeral.

Estas prácticas poden ser remuneradas ou non remuneradas sendo as máis coñecidas as Bolsas Schuman.

Bolsas Schuman: opción xeral e opción xornalismo

De cinco meses cada unha, son convocadas dúas veces por ano (marzo e outubro) e están reservadas aos titulados das universidades ou centros de nivel equivalente, co fin de que poidan completar os coñecementos adquiridos durante os seus estudos e familiarizarse co día a día da Unión Europea.

Períodos de prácticas non remunerados

Dirixidas a aqueles moz@s que xa están en posesión dun título de bacharelato ou aqueles outros que teñan que realizar un período de prácticas no marco dos seus estudos. A duración destes períodos pode ser de un a catro meses.

Períodos de prácticas remunerados para persoas con discapacidades

O Parlamento Europeo oferta estas bolsas de cinco meses de duración como medida de acción positiva destinada a facilitar a integración das persoas con discapacidade no lugar de traballo.

Períodos de prácticas para tradutores 

De tres meses de duración, prorrogables excepcionalmente por un período de tres meses, están dirixidas a titulados univesitarios cun coñecemento profundo de polo menos dúas linguas oficiais da UE distintas da materna.

Períodos de prácticas para intérpretes de conferencias

Para aqueles moz@s titulados cunha cualificación de intérprete de conferencias, aínda que nestes intres están reservadas para os solicitantes dos países candidatos á adhesión á UE ou dos novos Estados membros.

Igualmente, o Parlamento tamén pode conceder bolsas de formación a intérpretes de conferencias que conten cun título en interpretación, pero carezan de experiencia profesional.

Visitas de estudos ao Parlamento Europeo

Coa finalidade de permitir que os cidadáns da Unión Europea afonden no estudo de temas relativos á integración europea, o Parlamento Europeo concede visitas de estudos sen remunerar cunha duración máxima dun mes.




CONSELLO DA UNIÓN EUROPEA

O Consello da Unión Europea ofrece anualmente arredor de 70 bolsas de prácticas de cinco meses de duración para aqueles mozos que conten no seu haber cun título ou equivalente dun primeiro ciclo universitario.

Por outra banda, o Consello tamén convoca bolsas de prácticas non remuneradas para aqueles estudantes nos últimos anos dos seus estudos.

Servizo de prácticas do Consello da Unión Europea.




TRIBUNAL DE XUSTICIA DA UNIÓN EUROPEA

O Tribunal de Xustiza ofrece cada ano un número limitado de prácticas remuneradas dunha duración máxima de cinco meses a titulados en Dereito, C.C. Políticas (Especialidade en Dereito) e Intérpretes de Conferencia.

Servizo de prácticas do Tribunal de Xusticia da Unión Europea.




TRIBUNAL DE CONTAS EUROPEO

O Tribunal de Contas organiza cursos de prácticas remunerados e non remunerados durante un período de cinco meses para titulados universitarios menores de 32 anos.

Cursos de prácticas no Tribunal de Contas Europeo.




VALEDOR DO POBO EUROPEO

O Valedor do Pobo Europeo ofrece anualmente bolsas de prácticas remuneradas de cinco meses de duración primordialmente a licenciados en Dereito.

Servizo de Prácticas no Valedor do Pobo




BANCO CENTRAL EUROPEO

O Banco Central Europeo ofrece períodos de prácticas remuneradas para aqueles titulados universitarios ou estudantes de Económicas, Estadística, Ciencias Empresariais, Dereito, Tradución, etc. Os periodos das bolsas de prácticas poden ir dende os 3 ata os 12 meses.

Por outra banda, o Banco Central Europeo tamén concede bolsas de investigación para aqueles titulados en áreas de interese para o banco.

Servizo de Prácticas no Banco Central Europeo.




COMITÉ ECONÓMICO E SOCIAL

O Comité Económico e Social ofrece dúas veces por ano períodos de prácticas remunerados de cinco meses cada un a titulados universitarios.

Servizo de Prácticas do Comité Económico e Social.




COMITÉ DAS REXIÓNS

O Comité das Rexións ofrece dúas veces por ano períodos de prácticas remunerados de cinco meses cada un a titulados universitarios.

Por outra banda, o Comité das Rexións tamén ofrece a posibilidade de realizar visitas de estudos. Estas visitas dun máximo de catro meses de duración non estarán remuneradas.

Servizo de Prácticas do Comité das Rexións.




CONSELLO DE EUROPA

O Consello de Europa ofrece tres veces por ano períodos de prácticas non remunerados de tres meses de duración a titulados universitarios, persoal das administracións nacionais e empresas privadas cun interese particular nas áreas de traballo do Consello.

Servizo de Prácticas no Consello de Europa.




PRÁCTICAS NAS AXENCIAS DA UNIÓN EUROPEA

A UE ten creado varias axencias especializadas e descentralizadas en apoio aos Estados membros e aos cidadáns. Estas axencias responden a un desexo de descentralización xeográfica e á necesidade de facer fronte a novas tarefas de carácter xurídico, técnico e/o científico. As axencias da UE agrúpanse en catro categorías distintas: axencias comunitarias, axencias de política exterior e de seguridade común, axencias de cooperación policial e xudicial en materia penal, axencias executivas e axencias e organismos de EURATOM.

As axencias da UE onde se poden realizar periodos de prácticas son as seguintes:

 

Axencias comunitarias

Unha axencia comunitaria é un organismo regulado polo Dereito Público Europeo, distinto das institucións da Unión Europea e con personalidade xurídica propia. Créase co obxetivo de realizar tarefas moi técnicas ou de índole científica

Axencia Europea de Dereitos Fundamentais (FRA)

Axencia Europea de Medicamentos (EMEA)

Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA)

Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA)

Axencia Europea de Seguridade das Redes e da Información (ENISA)

Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos (ECHA)

Centro Europeo para o Desenvolvemento da Formación Vocacional (CEDEFOP)

Centro Europeo pola Prevención e Control de Enfermidades (ECDC)

Centros de tradución dos órganos da UE (CDT)

Observatorio Europeo das Drogas e Toxicomanías (EMCDDA)

Oficina de Harmonización do Mercado Interior -Marcas, Debuxos e Modelos- (OAMI)

 

Axencias de política exterior e de seguridade común

A súa creación oriéntase a cumplir tarefas moi concretas de carácter técnico, científico ou de xestión no marco da política exterior e de seguridade común (PESC), o «segundo piar» da UE.

Centro de Satélites da Unión Europea (EUSC)

 

Axencias de cooperación policial e xudicial en materia penal

Este grupo de axencias serve para axudar aos Estados membros a cooperar na loita contra a delincuencia organizada internacional. Esta cooperación en materia penal constitúe o «terceiro piar» de la UE.

Axencia Europea de Policia (Europol)

Unidad de Cooperación Xudicial da Unión Europea (Eurojust)




PROGRAMA DE MOZOS EXPERTOS DA UNIÓN EUROPEA EN COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO 

Este programa ten como obxectivo a formación dos mozos expertos europeos en tarefas da cooperación ao desenvolvemento no seo das Delegacións da Unión Europea en terceiros países.

O traballo dos mozos expertos consiste fundamentalmente en colaborar no deseño, execución, seguimento e avaliación dos proxectos que executa a UE.

A Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento (AECID) efectúa unha primeira preselección dos candidatos que se lle envía a Unión Europea. A convocatoria prodúcese normalmente o primeiro trimestre do ano.

A selección final realízaa a unidade competente da Comisión Euopea conxuntamente coa AECID. Aos seleccionados ofréceselle un contrato de duración dun ano prorrogable ata un máximo de dous.

AECID: Mozos Expertos




© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante