Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin


Ciclo de encontros virtuais FGE | Next Generation Galicia

 

Primeiro baixo o nome de "Galicia na recuperación económica da UE" e agora baixo o nome "FGE | Next Generation Galicia", a FGE puxo en marcha, en setembro do 2020, un ciclo de encontros virtuais co obxectivo de explicar na Xunta de Galicia as estratexias políticas e programas de financiamento que a UE está a deseñar para a súa aplicación no novo período financeiro 21-27, así como as iniciativas de resposta á crise económica causada pola Covid-19. Neste momento, este foro é o espazo clave no que a Xunta e os organismos europeos poden debater sobre estas cuestións. Esta información inicial permite á Xunta orientar a súa estratexia de cara a atraer parte destes fondos europeos a proxectos galegosCo cambio de nome, a FGE desexa dar resposta á súa designación como estrutura de apoio técnico á comisión Next Generation Galicia, creada polo Goberno galego para identificar proxectos susceptibles de ser financiados polo instrumento europeo de recuperación NextGenerationEU.


Nos encontros celebrados, directores e outros funcionarios de case todos os departamentos da Xunta puideron escoitar da man de funcionarios europeos unha explicación sobre temas como, o futuro Fondo de Transición Xusta, a nova estratexia industrial da UE, a próxima xeración de fondos de política rexional, o instrumento temporal de recuperación  Next  Generation  EU e a Axenda Dixital Europea. En cada encontro están a participar entre 20 e 30 representantes da Xunta, especialmente de IGAPE,  GAIN,  Facenda, Augas de Galicia, Medio e Enerxía.


Estas reunións permiten comprender mellor a axenda europea para a programación dos fondos estruturais 21-27 en Galicia, así como para a preparación de bos proxectos que permitan atraer parte dos 140.000  M€ que se prevé poida recibir España a cargo do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), peza central do instrumento de recuperación. Neste momento, é esencial ter unha visión clara das distintas fontes de fondos que haberá dispoñibles para poder deseñar bos proxectos que cumpran cos seus obxectivos. Desde a Comisión Europea insisten na necesidade de asegurar unha adecuada complementariedade entre os recursos do MRR, dos fondos de cohesión, agricultura e pesca, e dos fondos propios.



Consulta toda a información sobre os econtros celebrados ata agora:


  • 16 de setembro do 2020. Mecanismo Europeo de Transición Xusta. Noticia e acta.
  • 23 de setembro do 2020. A Nova Estratexia Industrial para Europa. Noticia e acta.
  • 30 de setembro do 2020. Programación dos fondos estruturais 21-27 e os recursos do novo instrumento REACT-EU 20-22. Noticia e acta.
  • 7 de outubro do 2020. Plan de Recuperación Europea. Noticia e acta.
  • 21 de outubro do 2020. Os retos da UE no ámbito dixital. Noticia.
  • 28 de outubro do 2020. As reformas estruturais en España no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Noticia e acta.
  • 4 de novembro do 2020. O papel da I+D+i na recuperación económica. Noticia.
  • 11 de novembro do 2020. O novo Plan de Acción para a Economía Circular. Noticia e acta.
  • 18 de novembro do 2020. A política de biodiversidade da UE. Noticia.
  • 2 de decembro do 2020. A PAC do Pacto Verde Europeo. Noticia e acta.
  • 9 de decembro do 2020. O papel do BEI na política económica europea. Noticia
  • 16 de decembro do 2020. A política de competencia da UE nun escenario de crise.
  • 27 de xaneiro de 2021. As prioridades da Comisión Europea: repercusións para a administración rexional. Noticia e acta.
  • 24 de febreiro do 2021. Os retos demográficos da UE. Noticia e acta.
  • 24 de marzo do 2021. A posta en marcha do MRR. Noticia e acta.
  • 27 de abril do 2021. O programa UEproSaúde 21-27. Noticia e acta.
  • 26 de maio do 2021. O Pacto Verde Europeo. Noticia e acta
  • 7 de xullo do 2021. Economía azul sostible. Noticia e acta
Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante