Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

CATALIZADOR DE OPORTUNIDADES DE EMPREGO E EMPRENDEMENTO XOVE TRANSFRONTEIRIZO (acrónimo LIDERA). Código do proxecto 0205_LIDERA_1_E


Tendo como eixo e obxectivos do programa: Crecemento integrador a través dunha cooperación transfronteiriza a favor da competitividade empresarial. Dirixido a mellorar as condicións necesarias e propicias para a aparición de novas iniciativas empresariais.


Encadre do noso proxecto dentro do Programa:


Eixo 2: Crecemento integrador a través dunha cooperación transfronteiriza a favor da competitividade empresarial. Obxectivo temático 3: Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas. Prioridade de investimento 3: Promoción do espírito empresarial, en particular facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros de empresas. Obxectivo específico OE3A: Mellorar as condicións necesarias e propicias para a aparición de novas iniciativas empresariais


Obxectivo do Proxecto LIDERA: Promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través da posta en valor das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos do territorio.

As accións que levarán á consecución deses obxectivos dinamizarán o tecido empresarial transfronteirizo dado que impulsarán a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e lograrán a inserción laboral da mocidades no territorio transfronteirizo.

A alta taxa de desemprego xuvenil é un reto compartido no conxunto do territorio, polo que se fai necesaria unha cooperación que permita reter á poboación máis nova na zona, e que esta sexa motor do impulso económico da mesma.



Resultados: O proxecto baséase na creación dunha rede solidaria coa que consolidar procesos de participación comunitaria e liderado xuvenil, desde a formación personalizada, orientación, o emprendemento e a innovación como resposta ás necesidades detectadas no territorio.

O conxunto das actividades concíbense como un proceso circular que pretende que unha vez finalizado o proxecto poida continuar retroalimentándose a si mesmo. O principal resultado do conxunto das actividades é a posta en marcha de novas iniciativas empresariais, a consolidación que aquelas recentemente iniciadas, e a inserción laboral de mozas do territorio. As persoas beneficiarias directas dos resultados serán a poboación máis nova do territorio.


SOCIOS:

  • Xefe de Fila: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

  • Fundación Galicia Europa

  • Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela

  • Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia - ASCEGA

  • Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ)

  • Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ)



Noticias relacionadas

22/06/2017 Presentan en Noia un plan de fomento do emprego xuvenil

22/06/2017 A Xunta pilota un programa europeo para mellorar a empregabilidade e fomentar o emprendemento xuvenil

22/06/2017 A Fundación Galicia Europa participa nun proxecto europeo para potenciar o emprego e o emprendemento xuvenil na rexión Galicia-Norte de Portugal

23/07/2017 ASCEGA participará en el proyecto LIDERA

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante