A Fundación Galicia Europa participa no proxecto Eco-innova, liderado polo Concello de Ourense e en colaboración con diversas entidades nacionais e internacionais. O proxecto enmárcase dentro do Programa de Cooperación Transnacional da UE “Espacio Atlántico”, que promove a cooperación en distintas áreas das rexións da fachada atlántica de Irlanda, Reino Unido, Francia, Portugal e España, durante o período 2007-2013, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
O obxectivo esencial de Eco-innova é crear unha estructura transnacional para informar, promover e promocionar a eco-innovación entre as pemes das rexións participantes. Xunto coa FGE e o Concello de Ourense, participan no proxecto a axencia de desenvolvemento rexional ADRAT (Portugal); dúas incubadoras de empresas, ACIBTM (Portugal) e Bordeaux Productic (Francia); e a University of Glamorgan (Reino Unido).
O proxecto ten unha duración de 35 meses (2010-2012) e o seu presuposto total ascende a 1.435.489,54 euros, cun 65% financiado polo fondo FEDER.
Consulte aquí máis información.
Boletíns informativos do proxecto
Nº 1 - Novembro 2010
Nº 2 - Marzo 2011
Nº 3 - Maio 2011
Nº 4 - Setembro 2011
Nº 5 - Novembro 2011
Nº 6 - Marzo 2012
Nº 7 - Maio 2012
Nº 8 - Outubro 2012
Novas publicadas sobre o proxecto
07/08/2012 Eco-innova en el Espacio Atlántico
07/05/2012 Galicia avanza en Eco-innovación
21/03/2012 Crear Ecosistemas Empresariales a través de la innovación
13/06/2011 A FGE e os seus socios aproban unha estratexia de impulso á ecoinnovación06/07/2010 Comeza a andaina do proxecto europeo Eco-innova
A Fundación Galicia Europa participa no proxecto “Mozos Emprendedores da Eurorrexión”, máis coñecido como “EMPRENDE”, que fomenta a creación de empresas e a promoción do emprego entre a mocidade de Galicia e do Norte de Portugal. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado lidera este proxecto no que, ademais da FGE, inclúense o Instituto Português da Juventude, a Confederación de Empresarios de Galicia, e a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal.
O proxecto EMPRENDE adscríbese ao Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, dentro da área de cooperación Galicia-Norte de Portugal, e conta cun orzamento total de 727.313,26 euros, cun 75% a cargo de FEDER. Os seus obxectivos son a creación de empresas e o fomento do emprego, especialmente para a xuventude, a través de actividades estratéxicas que dinamicen os servizos da Eurorrexión e a convirtan nun lugar atractivo para a actividade económica e os investimentos.
Así pois, centra as súas actuacións no asesoramento e cooperación empresarial, no apoio ás iniciativas xuvenís emprendedoras, e na potenciación do talento e formación dos mozos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Novas publicadas sobre EMPRENDE:
06/08/2012 La Fundación Galicia Europa apuesta por el emprendedurismo
20/06/2012 A Fundación Galicia Europa participará na terceira edición de Emprega Talento en Vigo
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Compatibilidade da web