Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

José Luis Rodríguez Zapatero estableceu catro prioridades ás que pretende facer fronte durante a Presidencia española: a saída da crise económica, o asentamento do Tratado de Lisboa, as relacións exteriores e os avances sociais. Todo iso enmarcado na nova Estratexia Europea 2020.

  • CRISE ECONÓMICA. Debido á conxuntura económica na que se atopa a UE, a maioría dos obxectivos que se marcou o goberno español van dirixidos a liquidar esta situación. Zapatero marcou catro campos de acción na axenda económica:


    • Cooperación enerxética. O presidente español propuxo crear un mercado común da enerxía co fin de diminuír a dependencia enerxética da UE, crear un marco regulador común que axude a consolidar este mercado e dar un pulo ás enerxías renovables.

    • Sociedade da información e novas tecnoloxías. Preténdese aumentar o investimento e impulsar o comercio electrónico co obxectivo de crear emprego estable.

    • Innovación tecnolóxica. Zapatero busca impulsar os vehículos eléctricos coa meta posta en axuntar a loita contra o cambio climático e o desenvolvemento tecnolóxico.

    • Espazo de investigación europeo. Co fin é dar un salto cualitativo e que as universidades europeas gañen en excelencia, Zapatero márcase como prioridade culminar o proceso de Boloña e impulsar as diferentes vías de investigación.

    Para rematar, o goberno español presentará oficialmente no cume informal do 11 de febreiro a súa idea de crear un posible goberno económico europeo. Este proxecto pretende seguir mantendo os estímulos fiscais dentro do Plan de Estabilidade, ofrecer recompensas para os membros que cumpran os obxectivos vinculantes e sancionar a aqueles que non o fagan.


  • TRATADO DE LISBOA. España ten a tarefa de conseguir que o Tratado de Lisboa comece a asentarse e a funcionar na UE. Para isto, o goberno español porá en marcha unha serie de medidas para colaborar coas novas institucións, especialmente coa presidencia permanente e co Parlamento Europeo, dotado de maiores competencias.


  • RELACIÓNS EXTERIORES. A administración española ten previsto realizar varios cumes internacionais con América, África e Asia, centradas principalmente en lograr novos acordos comerciais con América Latina e en establecer un novo acordo de paz en Oriente Próximo.


  • AXENDA SOCIAL. De face á Estratexia Europea 2020, que será aprobada no Consello Europeo de Primavera, o executivo español sinalou varios puntos crave no ámbito do desenvolvemento social:


    • Loita contra a violencia de xénero. O obxectivo español é mellorar na loita contra as desigualdades sociais e en especial na loita contra a violencia de xénero. Con ese fin proporá a creación dunha orde europea de protección cara ás mulleres maltratadas.

    • Diálogo social. Zapatero puxo o acento na procura da cohesión social e, xa que logo, expuxo renovar un gran pacto social en Europa entre empresas e traballadores co fin de cumprir os obxectivos da UE en materia laboral e social.

    • Iniciativa lexislativa popular. A presidencia española fixo fincapé na importancia de facilitar a participación cidadá establecida no Tratado de Lisboa, polo tanto, desenvolverá as vías necesarias para que esa participación sexa un feito.

    • Educación. España quere situar á educación no núcleo da estratexia 2020, para iso buscará analizar as opinións do mundo académico sobre o papel que debe xogar a educación e a formación de face a competitividade, a cohesión social e o desenvolvemento sostible.


    Para saber máis sobre a presidencia española:


    Páxina oficial da Presidencia Española


    Representación Permanente de España ante a UE

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante