Bruxelas, 28 de xaneiro de 2010. O pasado 8 de xaneiro España asumiu oficialmente a presidencia semestral da Unión Europea nun acto no que participaron o actual presidente da Comisión Europea, José Manuel Durão Barroso e o presidente permanente da UE, Hermann Van Rompuy.

Esta é a cuarta vez que España preside a UE desde a súa entrada na entón Comunidade Económica Europea (CEE), en 1986. A primeira ocasión na que ostentou a presidencia foi en 1989, sendo Felipe González o xefe do goberno español. En 1995, tamén con González no goberno, asumiuna por segunda vez. En último lugar, en 2002 volveu á presidencia con José María Aznar como xefe do executivo.

A presidencia rotatoria da Unión osténtase durante seis meses e a partir de xaneiro de 2010 ten a peculiaridade de que o país que a asume debe compartir funcións co recentemente elixido presidente permanente da UE.


Prioridades da Presidencia española


Prioridades de Galicia ante a Presidencia española

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Compatibilidade da web