Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin
  1. Cidadáns
  2. Consumidores
  3. Empresas
  4. Mozos
  5. Traballadores
  6. Investigadores

1. CIDADÁNS


Europe Direct: liña directa de información xeral entre a UE e os cidadáns a través dun número de teléfono gratuito, os centros de información e o correo electrónico.


GALICIA


Solvit: rede en liña para a resolución de problemas resultantes da incorrecta aplicación da lexislación relativa ao mercado interior por parte das administracións públicas. Tramita reclamacións de cidadáns e empresas.


CSS (Servizo de Orientación aos Cidadáns): servizo gratuíto e personalizado sobre a normativa europea prestado por un equipo de asesores xurídicos en todas as linguas da UE.



2. CONSUMIDORES


ECC-Net (The European Consumer Centres Network): servizo gratuíto informativo sobre a normativa europea relativa aos dereitos de consumidores.


FIN-NET: (Financial Dispute Resolution Network): rede para resolver por vía extraxudicial conflitos entre consumidores e provedores de servizos financeiros (bancos, compañías de seguros...) establecidos noutro Estado membro do Espazo Económico Europeo.


ESPAÑA

Volver arriba


3. EMPRESAS


Enterprise Europe Network: rede establecida en toda a UE que ofrece servizos de información e asesoramento ás empresas en temas europeos.


GALICIA

A Enterprise Europe Network dá cobertura ao noroeste de España (Asturias, Cantabria, Castilla y León Galicia) a través do consorcio de entidades Galactea Plus. As entidades galegas que forman parte del son:

  • CIS Galicia: centro de innovación e servizos para o deseño e a tecnoloxía): apoia a transferencia de tecnoloxía entre empresas e a súa participación en programas de financiamento comunitario, especialmente naqueles relacionados coa I+D+i.

  • IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica): informa e asiste ás empresas en temas comunitarios, promove a cooperación empresarial e apoia a súa participacion en programas europeos.

  • CEG (Confederación de Empresarios de Galicia): presta información e asistencia ás empresas en temas europeos, promove a cooperación empresarial, transmite á Comisión Europea as opinións das empresas galegas e apoia a súa participación en programas europeos.

China IPR Helpdesk asesora as pemes europeas en temas de protección da propiedade intelectual en China.

Volver arriba

4. MOZOS


Eurodesk: rede de centros de información relevante para xente nova sobre temas da UE.

GALICIA

  • Red Eurodesk A Coruña
    XUNTA DE GALICIA. Direccion Xeral de Xuventude e Solidariedade
    Praza de Matadoiro, s/n
    15703, Santiago de Compostela, A Coruña
    Teléfono: 981 58 39 00
    Fax: 981 58 39 42
    ccinformacionxuvenil.eurodesk@xunta.es
  • Red Eurodesk Lugo
    Ayuntamiento de Lugo
    C/ Poeta Curros Enríquez, 7 – 4º B
    27004, Lugo
    Teléfono: 676 39 93 24
    paula.gamazo@concellodelugo.org
  • Red Eurodesk Vigo
    Asociación Xuvenil Abertal
    C/ Venezuela, 3
    36203, Vigo, Pontevedra
    Teléfono: 986 22 56 62
    Paula.martinez@abertal.es

Volver arriba

5. TRABALLADORES


Puntos de contacto para o recoñecemento de cualificacións profesionais: ofrecen asesoramento para as persoas que queren exercer unha profesión regulada noutro país da UE. Os profesores, fisioterapeutas e enfermeros son as profesións reguladas que gozan dunha maior mobilidade na UE.


ESPAÑA

  • Punto de contacto en España

    Margarita de Lezcano-Mújica Núñez
    Dirección General de Universidades
    Ministerio de Educación Subdirección General de Títulos y Relaciones con Instituciones Sanitarias
    Paseo del Prado, 28
    28014 Madrid
    Teéfono: +34 91 506 5738
    Fax: +34 91 506 5706
    E-mail: margarita.lezcano@educacion.es
    Website: www.mepsyd.es


ENIC/NARIC: rede de centros nacionais para o recoñecemento de títulos e diplomas académicos dentro da UE


ESPAÑA

EUROPASS: conxunto de documentos que axuda aos demandantes de emprego a presentar as súas cualilficacións e capacidades laborais de maneira sinxela e facilmente comprensible en toda a UE.


ESPAÑA

EUROGUIDANCE: rede de centros distribuídos por toda Europa que informa ás persoas deseosas de traballar noutro país da UE das oportunidades de traballo ou formación. Xestiona o portal Ploteus sobre as posibilidades de formación en todo o espazo europeo.


ESPAÑA

  • Euroguidance España

    Dirección General de Educación, Formación Profesional e InnovaciónEducativa
    Subdirección General de Formación Profesional
    Servicio de Orientación Profesional
    Centro Nacional de Recursos para la Orientación Profesional
    C/ Los Madrazo, 17, 4ª planta
    E-28071 Madrid
    Teléfono: +34 91 701 84 65
    Fax: + 34 91 701 86 24

EURES: rede que facilita a colocación dos demandantes de emprego noutros países da UE. O seu portal web publica as ofertas de traballo dos servizos públicos de emprego de todos os países da UE e permite aos demandantes presentar a súa candidatura a través dun CV en liña. EURES dispón tamén dunha rede de 700 conselleiros que informan sobre as cuestións legais administrativas e prácticas para traballar noutro país.

Volver arriba

6. INVESTIGADORES


CDE (Centros de Documentación Europea): rede de centros que dispoñen das publicacións oficiais da UE , así como das obras e estudos sobre o proceso de integración e as políticas europeas. O persoal asesora a investigadores, estudantes e ao público xeral na súa procura de documentación sobre temas europeos.


GALICIA


EURAXESS: servizo de apoio e información práctica para facilitar o emprego e a mobilidade dos investigadores en toda a UE.

Volver arriba

 

7. ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

 

Sistema de Información do Mercado Interior (IMI): Aplicación web segura concebida para que as autoridades nacionais, rexionales e locais podan comunicarse dun xeito rápido e sinxelo coas súas homólogas doutros países co fin de asegurar o bo funcionamento da lexislación do mercado único europeo. Na actualidade, o IMI ocúpase do reconocemento de cualificacións profesionais e da aplicación da Directiva de Servizos.

Volver arriba

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante