Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Co fin de potenciar a competitividade do sector público e privado galego e preparar a sociedade galega en xeral de cara a redución dos fondos europeos a partir de 2013, a Fundación Galicia Europa, a traves das súas dúas oficinas en Santiago e en Bruxelas, promove a participación de entidades galegas (con especial atención ás pemes) en proxectos europeos desenvolvendo as seguintes actividades:

  • Prestación de asesoramento técnico sobre as posibilidades de financiamento comunitario dos proxectos e o enfoque da proposta, de xeito que teña maiores posibilidades de éxito.
  • Procura de socios a escala europea.
  • Organización de reunións con representantes das institucións comunitarias para dispor de mellor información á hora de preparar unha proposta ou executar un proxecto.
  • Participación da FGE no consorcio promotor do proxecto naqueles proxectos que sexan de interese para a consecución dos obxectivos da propia Fundación.
  • Utilización da sala de reunións e conferencias da FGE en Bruxelas para reunións das entidades galegas cos seus socios europeos e/ou para organizar actos de difusión de resultados dos proxectos (requisito indispensable na meirande parte deles).
  • Organización de cursos de elaboración e xestión de proxectos europeos en Galicia.

                             

Nos últimos anos, diversas entidades públicas e privadas teñen recibido o apoio da FGE, ben sexa na fase preliminar dos proxectos (busca de fontes de financiamento e de socios) ou na súa execución. A mesma Fundación Galicia Europa ten participado en diferentes proxectos europeos relacionados principalmente co ámbito da xuventude, co fin de promover entre os máis novos o coñecemento e participación na Unión Europea. Tal é o caso de EcoInnova, Mobilitas, Participa ou Yang.

Máis información no apartado Financiamento comunitario

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante