Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

A información é un dos eixos centrais do labor da FGE, posto que é requisito indispensable para poder defender os intereses galegos na toma de decisións a nivel comunitario e para permitir a entidades galegas participar en programas de financiamento da UE. A presenza na capital comunitaria e a proximidade coas institucións europeas ten orixinado que esta actividade se realice principalmente dende a oficina de Bruxelas.

Dende 2007, a información canalízase a través deste portal web, no que se recollen novas da UE, novas da FGE e un resumo diario de prensa galega e internacional. Un boletín electrónico envíase, ademais, cada 15 días aos máis de 1.300 subscritores coas últimas noticias, convocatorias e procuras de socios para proxectos europeos publicadas no portal.

No tocante ao tipo de destinatarios desta información, a Fundación atende desde os seus inicios ás consultas de toda a sociedade galega, prestando especial atención ás dos membros do seu padroado.


Publicacións

Outra das principais ferramentas para a información sobre a UE en Galicia é a publicación de distintas obras sobre temas comunitarios en lingua galega, labor que se leva a cabo dende a oficina de Santiago. A FGE ten editado varias coleccións: “Encontros Galicia-CEE”, “Monografías” como Europa na práctica. Guía para cidadáns e empresas de Galicia, “Normativa Comunitaria”, que recolle todos os tratados da Comunidade Europea en lingua galega e “Textos básicos da UE” na que se recollen algúns de especial importancia como diversos Libros Blancos da Comisión Europea. Entre os últimos libros publicados no 2010, atópase unha edición en galego do Tratado de Lisboa, comentada por diversos especialistas do eido académico.

 

Consultar todas as publicacións da FGE

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante