Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

A defensa dos intereses rexionais perante as institucións europeas necesita dunha sólida representación na capital europea a través da cal se traballe para que a toma de decisións a nivel comunitario se leve a cabo cun maior coñecemento da realidade e os intereses galegos, considerando as necesarias contribucións do sector público e privado galego.

Este labor é desempeñado principalmente póla oficina en Bruxelas da Fundación Galicia Europa a través das seguintes actividades:

  • Seguimento das políticas comunitarias, co fin de informar nunha fase temperá do procedemento de decisión á Xunta de Galicia e ao resto de actores interesados da normativa e recomendacións adoptadas a nivel comunitario que lles incumban.
  • Apoio á participación da C.A de Galicia nas institucións e órganos comunitarios, que se materializa no apoio aos membros galegos do Comité das Rexións dende a súa creación en 1994, asistencia á participación galega nos comités consultivos da Comisión Europea dende a admisión da participación autonómica en 1997, e no Consello da UE dende o acordo de 2005 asinado co Estado español para a participación das CCAA en catro das súas formacións. O apoio prestado pola oficina da FGE en Bruxelas concrétase no asesoramento técnico e loxístico aos participantes galegos nestes foros, así como en facer un seguimento do sistema de participación para asegurar o seu bo funcionamento.
  • Organización de visitas de responsables políticos e técnicos a Bruxelas, deseñando, organizando e acompañándoos nas súas axendas de forma que a visita resulte o máis proveitosa posible.
  • Organización de foros de discusión en Bruxelas, onde se resaltan os intereses de Galicia, como é o caso do seminario organizado en febreiro de 2011 sobre a reforma da Política Pesqueira Común ou o celebrado en outubro do 2011 no marco dos Open Days sobre o futuro das rexións que saen por primeira vez do Obxectivo Converxencia.
    Título de la foto
    Mesa redonda sobre a reforma da PPC celebrada no Comité das Rexións
  • Elaboración e posta en marcha de estratexias para defender os intereses galegos nos debates de maior incidencia para Galicia como é o caso das reformas da política rexional e da política común de pesca.

    Así mesmo, a través da labor da FGE, Galicia lidera o consorcio CROWC de Rexións Converxencia camiño da Cohesión (Convergence Regions on the way to Cohesion), que se constitúe como una estrutura común ou rede de rexións que teñen en común o feito de que todas superarán a condición de rexións obxectivo converxencia para o próximo período financeiro. En concreto, a CROWC pertencen, xunto con Galicia, as rexións de Cornwall, Andalucía, Castilla-La Mancha, Central Bohemia Region, Saxony, Nova Gorica.

    O obxectivo principal é que estas rexións poidan transmitir as súas posturas en todos os foros de debate sobre o futuro da política rexional e estar presentes nas próximas fases do debate que conducirá á adopción do novo marco lexislativo para así lograr una rede de seguridade para estas rexións.

    Título de la foto
    Seminario CROWC na Fundación Galicia Europa
  • Promoción da presenza galega en foros de discusión e difusión de boas prácticas. Bruxelas, como centro de decisións a nivel comunitario, acolle numerosas conferencias e seminarios para debater sobre os expedientes pendentes de aprobación, ademais de acoller innumerables mostras de boas prácticas para o intercambio de experiencias dentro da UE. A FGE trata de mobilizar a expertos para achegar a estes foros unha perspectiva galega así como traer exemplos de boas prácticas en Galicia para amosar ao resto de Europa.
  • Organización de diferentes actividades culturais en Bruxelas e en outras partes de Europa co fin de dar a coñecer a cultura e a identidade galegas. Unha destas actividades coincide sempre coa celebración do Día das Letras Galegas no mes de maio. Colabórase con distintas entidades que tamén promoven a cultura galega como o Centro Galego de Bruxelas ou o Instituto Cervantes.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante